Xgadoras do Burela FS Pescados Rubén realizan exames de preparación física na clínica Virxe da Mariña
11-08-11Nota de prensa
A CLÍNICA VIRXE DA MARIÑA, PRIMEIRA PARADA DE PRETEMPADA PARA O BURELA FS PESCADOS RUBÉN
O Burela FS Pescados Rubén inaugurou a pretempada coa clínica médico-cirúrxica Virxe da Mariña como primeira parada. Dende onte e durante os próximos días as xogadoras laranxas someteranse ás correspondentes exploracións médicas, para control e exame da preparación física.
Tras dúas semanas de traballo individual orientado polo corpo técnico, as xogadoras comezaron hoxe mesmo os adestramentos grupais de pretempada, con programación de dobre sesión diaria. Tarefas de potencia aeróbica e forza de resistencia centraron o primeiro adestramento, no que o preparador físico, Alfonso Mera, xa puido contar co vestiario ao completo. Xunto a Irene, Jozi, Lidia, Silvia, Ro, Claudia, Lucía e Dolo, incorporáronse Haydée, Peque e Maite, ademais da cadete cervense Paula Cortiñas, que realizará a pretempada coas laranxas. A partir desta mesma tarde, as mariñás internaranse nas sesións tácticas para profundar nos sistemas de xogo.
A vindeira semana os membros do equipo sénior masculino serán sometidos ás revisións médicas no centro burelao Virxe da Mariña (avenida Arcadio Pardiñas, número 145). Xunto aos recoñecementos da pretempada, o Burela FS e Burela FS Pescados Rubén tamén estarán supervisados polos especialistas da clínica ao longo da competición ligueira.
















A Asociación de Mujeres en Igualdad Burela e Meniñ@s Centro de Formación y Ocio Educativo de Burela firman un convenio polo cal o centro ofrece de forma totalmente gratuita dúas prazas en turno de mañás para nenos cuxas nais se atopen en situación de exclusión social. Ademais, está orientado a fillos de vítimas de violencia de xénero. Desta forma, Meniñ@s quere colaborar coa labor que está a realizar a asociación Bumei.
A Librería Bahía de Foz, con motivo do seu 50 aniversario, organiza a exposición 'Os Ollos das Palabras' do escultor Caxigueiro, e o poeta e pintor Baldo Ramos. A mostra estará no CENIMA de Foz dende o venres 24 de maio ata o venres 7 de xuño. A inauguración terá lugar o venres 24 de maio ás 20.30 horas nun acto no que se contará coas intervencións de Caxigueiro, ademais de Suso do Bahía e Cielo Fernández dende a Librería Bahía, recital de poesía de Baldo Ramos e música de Mano Panforreteiro.
A Asociación Amigos das Viaxes viaxou a terras de Portugal e Salamanca, onde as cen persoas participantes coñeceron as grutas de Santo Antonio, Tomar, Viseu... O domingo día 26 de maio e ás 19:00 horas terán unha xuntanza no Cenima de Foz coas cen persoas que viaxan aos Fiordos para o 20 de xullo.
A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, realizou a semana pasada unha viaxe a Almuñécar en Granada, onde puideron visitar a Alhambra, as Alpujarras e a Costa Tropical. Ademais, xa teñen preparada a viaxe gastronómica o Santoinho en Viana do Castelo a fin de semana do 8 e 9 de xuño a un prezo de 100 euros con todo incluído: mercado, bacallau, entrada ó Santoinho, pensión completa e mariscada nas Rias Baixas. Tamén está programada unha viaxe dunha semana ás Rías Baixas para desfrutar desta comarca galega, visitando todos os seus pobos e cidades por 220 euros. Poden anotarse en