Comeza o Torneo de Basket 3×3 Urbano “Vila de Foz”
18-08-11Mañá venres día 19, a partir das 16:00h. o Concello de Foz vai dar comezo coa primeira edición do Torneo de Basket 3×3 Urbano “Vila de Foz 2011” e que se dividirá nun total de tres categorias, sub-12, sub-16 e Senior. Mañá venres será o turno dos máis novos con incrición gratuíta e trofeos e medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén levarán trofeo os gañadores dos concursos CANASTRA DENDE O MEDIO CAMPO e o TWO BALL.
O sábado 20 e Domingo 21, a partir das 11:00h., será o turno da Categoría Senior (maiores de 16 anos). Nesta categoría a inscrición será de 30€ por equipo que estarán formados por un máximo de 4 xogadores.
Os premios serán os seguintes:
→1º CLASIFICADO: 300€ + TROFEO
→2º CLASIFICADO: 200€ + TROFEO
→CONCURSO DE TRIPLAS: 100€ + TROFEO
→TWO BALL: 150€ + TROFEO
Destacar a presencia de equipos chegados dende distintas localidades da comarca da Mariña, así como, das cidades de Lugo e da Coruña.

















Máis de cen persoas acudiron ao acto de presentación da exposición "Os ollos dasp alabras" co que a Librería Bahía celebrou o seu 50 aniversario. A poesía de Baldo Ramos, a música de Mano Panforreteiro e as esculturas de Caxigueiro encheron a noite de arte e de palabra. A exposición permanecerá aberta no CENIMA de Foz ata o 7 de xuño.
A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos, organiza para o vindeiro sábado 25 de maio a Festa das Letras, tal como se vén facendo nesta parroquia barreirense na última década. Os actos terán lugar nas escolas a partir das 7 da tarde, que será cando se realicen as actividades dirixidas ao público infantil, consistentes en xogos populares e de animación así como outras actividades relacionadas coa cultura e coa lingua galegas. Todos os participantes recibirán os correspondentes agasallos. Ás nove e media da noite terá lugar a representación de “Véndese unha mula e A Pousada”, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte.