Despedida dun neno Saharauí en Cervo
29-08-11
Bassir, o neno saharauí que pasa por segundo ano consecutivo o verán acollido por unha familia de Cervo dentro do programa solidario “Vacacións en Paz” foi despedido hoxe polo alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Servizos Sociais, Tania González. Nesta breve xuntanza, o rexedor local agradeceu o labor da familia de acollida deste pequeno.



















