Exposición sobre A Maruxaina en San Cibrao e apoio a un concursante dunha Tv
11-08-11
Na Casa da cultura de San Ciprián abrirase unha exposición sobre a festa Maruxaina en colaboración co Concello de Cervo, organizan a retrospectiva das XXVI edicións da festa da Maruxaina. Nela estarán expostos os carteis de tódalas edicións desta festividade de interese turístico; así como camisetas e utensilios alusivos á festa (potes, traxes, aparellos, etc). A Exposición permanecerá aberta so o venres, coincidindo coa pre-maruxaina no horario habitual de apertura da Casa da Cultura. As 17.00 h. no auditorio Casa da Cultura acto de apoio á candidatura do surfer local, Evaristo Blanco Pernas, que opta a participar nun reality de TV baseado neste deporte. Os interesados en ampliar máis información e apoiar a este deportista local poden facelo accedendo á seguinte dirección web: http://www.antena3.com/nitro/cracks-del-surf/noticias/eliges-quien-debe-pasar-casting_2011080600003.html
















Máis de cen persoas acudiron ao acto de presentación da exposición "Os ollos dasp alabras" co que a Librería Bahía celebrou o seu 50 aniversario. A poesía de Baldo Ramos, a música de Mano Panforreteiro e as esculturas de Caxigueiro encheron a noite de arte e de palabra. A exposición permanecerá aberta no CENIMA de Foz ata o 7 de xuño.
A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos, organiza para o vindeiro sábado 25 de maio a Festa das Letras, tal como se vén facendo nesta parroquia barreirense na última década. Os actos terán lugar nas escolas a partir das 7 da tarde, que será cando se realicen as actividades dirixidas ao público infantil, consistentes en xogos populares e de animación así como outras actividades relacionadas coa cultura e coa lingua galegas. Todos os participantes recibirán os correspondentes agasallos. Ás nove e media da noite terá lugar a representación de “Véndese unha mula e A Pousada”, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte.