Festa para os máis pequenos na piscina de Ferreira do Valadouro
18-08-11
O venres 19, será o gran día para os pequenos na piscina pública de Ferreira do Valadouro. Están previstas moitas atraccións inchables e xogos a partir das 4 da tarde. Serpe acuática, pasarela, balancín, zorball (esfera transparente para zona verde) e moitos xogos sobre auga amenizados coa música toda a tarde. A entrada é gratuíta a aberta a todo o mundo.
















A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, realizou a semana pasada unha viaxe a Almuñécar en Granada, onde puideron visitar a Alhambra, as Alpujarras e a Costa Tropical. Ademais, xa teñen preparada a viaxe gastronómica o Santoinho en Viana do Castelo a fin de semana do 8 e 9 de xuño a un prezo de 100 euros con todo incluído: mercado, bacallau, entrada ó Santoinho, pensión completa e mariscada nas Rias Baixas. Tamén está programada unha viaxe dunha semana ás Rías Baixas para desfrutar desta comarca galega, visitando todos os seus pobos e cidades por 220 euros. Poden anotarse en 
O Concello de Xove entregou os premios do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. O concurso foi convocado pola Biblioteca Municipal e constou de dous apartados, un literario e outro de artes plásticas. A entrega dos diplomas e premios foi presidida pola concelleira de Cultura, Dolores Meitín, acompañada de varios membros do xurado. A relación de premiados é a seguinte: