Éxito da charla sobre preferentes e subordinadas celebrada onte en Ribadeo organizada por ACISA. O salón de actos da Casa Sindical estivo repleto para escoitar as explicacións dos abogados lucenses Miguel Fernández Freire e Patricio Viveiro Fernández, expertos nesta materia que recomendaron ós afectados acollerse ó canxe por diñeiro ofrecido por Nova Galicia Banco para non quedarse en ningún caso con accións desa entidade bancaria. Os letrados tamén insistiron na conveniencia de aceptar as condiciones plantexadas ós que son chamados para a arbitraxe, porque é a mellor solución. Ademais explicaron que aqueles afectados que non foron convocados para a vía arbitral deben analizar a posibilidade de presentar unha demanda xudicial, que non compensa en todos os casos, segundo aclararon. A de onte foi a segunda charla sobre preferentes e subordinadas que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
Este xoves 20 de xuño na biblioteca do IES Perdouro ás 11.00h o alumnado de 1º de Bach de TIC coordinado por Miruca Parga (EDNL) e José Luis Fernández (TIC) presentará a publicación nº 19 da revista escolar Maruxía da Asociación Cultural Os Matos. Ademais o presidente da asociación Os Matos, Antón Niñe, procederá á entrega dos premios do certame de relatos curtos "Doce meses, moitas paisaxes" e do concurso de imaxe.
Os nenos e nenas dos colexios de San Miguel e San Cosme, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, disfrutaron hoxe no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro dun espectáculo de maxia-clown, que lles fixo pasar unha mañá moi agradable e diferente. O acto estivo organizado pola Concellería de Cultura e a OMIX e contou coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Segue aberta a inscrición para o primeiro Campus de Fútbol Base "Máis que fútbol". A data límite para anotarse é o xoves 27 de xuño, e polo de agoras, quedan arredor de 20 prazas libres. O seu prezo é de 130 euros. O Campus terá lugar nas dúas primeiras semanas de xullo, de luns a venres en horario matutino e dirixido a nenos e nenas de entre os 7 a 14 anos. Álex Bergantiños, Álex López ou Carlos Pita xa confirmaron a súa asistencia do mesmo xeito que os adestradores Luís Santiago, Alberto Casal ou José Luís Lemos. A organización pon a disposición dos interesados os teléfonos 630 126 304 ou 656 558 706, así coma os correos electrónicos pablofersegurado@gmail.com ou javi_acs@hotmail.com.
O alcalde de Xove presidiu este martes 18 de xuño a entrega de diplomas dun curso de iniciación á informativa desenvolvido na Aula de Informática da OMIX de Xove. O curso tivo unha duración de 20 horas impartidas en horario de mañá durante tres días á semana dos meses de maio e xuño e estivo dirixido a 13 alumnos e alumnas de entre 30 e 80 anos. O temario impartido foi: entorno de Windows, Microsoft Word, Internet: Navegar pola rede utilizando as páxinas máis útiles. Creación e uso de correo electrónico.
Este domingo pasado día 16, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse o Parque Natural de Somiedo, para facer a Ruta: La Peral-Villar de Vildas de unhos 14 km. O Grupo formado por 58 sendeiristas disfrutou de unha das Rutas mais bonitas do Parque Natural, nunha xornada explendida, tanto por o bo tempo, como por a espectacularidade da senda, que cruza o "corazón" de Somiedo. A comida como sempre foi campestre, nunha das brañas mais antiguas, chamada Braña Viella ou de Los Cuartos. Na ruta o grupo tamén visitou a famosa Braña La Pornacal.
Viajes Lucus realizou unha excursión dunha semana de duración ás Rías Baixas. Os participantes desfrutaron dunha mariscada, queimada e visita a Portugal, entre outras. Agora está programada a seguinte viaxe a Segovia para o 25 de xullo, na ponte de Santiago, de 4 días de duración e visitarán Madrid e as Fontes do Palacio Real da Granxa de San Ildefonso que só ese día entran todas en funcionamento. O prezo da viaxe e de 165 euros en pensión completa. Máis fotos e información en www.viajeslucus.com.
© 2013 | Crónica3 A Mariña 2008 - 2012 | RSS | Contacto | Información legal












