O PP di que apremia á Deputación a “rematar xa” o polígono de Ourol
03-08-11Nota de prensa
O GPPP apremia á Deputación a “rematar xa” o polígono de Ourol
Ourol, a 3 de agosto de 2011.- O grupo provincial do Partido Popular, por medio do seu voceiro José Manuel Barreiro e os deputados pola comarca da Mariña Elena Candia, Jesús Novo e José Manuel Gómez, apremiou hoxe en Ourol á Deputación a que execute as obras que están pendendes no polígono industrial desta localidade. Trátase, ademais do acondicionamento das parcelas e a dotación de servizos básicos, do arranxo do “único” vial de acceso, a CP 3809, que presenta, segundo dixo, un estado lamentable “no que nin sequera se poden cruzar dous camións”.
Os deputados populares, acompañados de representantes da administración local, sembraron que tanto dende o Concello como dende o propio grupo provincial instouse “en reiteradas ocasións” durante a pasada lexislatura á Deputación a que “acometera as obras pendentes para que esta infraestructura puidera cumprir os seus obxectivos”.
Recalcaron que “a tardanza da Deputación en facer as obras” provocou que empresas interesadas en instalarse neste municipio “se botaran para atrás dado que, ademais de carecer de servizos básicos como luz e telefonía, tiñan que asumir o custo do necesario movemento de terras para acondicionar as catro parcelas dispoñibles”.
Salientaron asimesmo que “dado o contexto socioeconómico actual, non estamos en condicións de desaproveirar oportunidades que permitan a xeración de riqueza e a creación de postos de traballo”, polo que acusou á Deputación, e nomeadamente ó seu presidente José Ramón Gómez Besteiro, “de causar un grave perxuizo ós intereses do Concello e os seus veciños”.
Por elo e para evitar “causar máis dano”, o GPPP instou á Deputación a “cumprir xa e sen máis demoras coas súas obrigas”.
REUNIÓN COMARCAIS
Por outra banda, o Grupo provincial do Partido Popular iniciou hoxe en O Vicedo un calendario de reunións comarcais que terán como obxectivo, ademais de trasladar os diferentes concellos a actuación que se está a levar na Deputación, recabar información e suxerencia de cara a presentación de iniciativas nesta institución.
















O vindeiro sábado 25 de maio Mofa e Befa estará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro coa obra "Románticos!". Será ás 20.30 horas cunha duración de 100 minutos e para público adulto. Mofa & Befa regresan para colocar un dos mitos contemporáneos no seu sitio: o espírito romántico.
Os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña desprazáronse a Chavín a visitar os “Eucaliptos de Chavín”, no Souto da Retorta. Alí tamén puideron coñecer o avó de Chavín, un eucalipto de 130 anos. Esta xornada permitiu un acercamento á natureza que redunda positivamente na súa melloría. Ademais, compartiron risas e coñecementos que favorecen a creación de grupo e a integración na comunidade.
Alumn@s do IES Vilar Ponte de Viveiro participaron no Monasterio de Celanova nunha Unidade Didáctica sobre o órgano. O alumnado vivairense estivo acompañado polos tres profesores que forman o departamento de Música. A sesión explicativa sobre o órgano correu a cargo de Marisol Mendive, profesora de órgano do Conservatorio de Ourense. Estas sesións véñense celebrando desde fai varios cursos escolares e o IES Vilar Ponte é a primeira vez que participa. A xornada consiste nunha explicación e aproximación ao instrumento, que logo conclúe cun concerto didáctico onde os alumn@s interpretan unha serie de partituras á frauta e son acompañados pola organista. A experiencia resultou moi amena para o alumnado, que ten a oportunidade de ver de cerca o funcionamento deste instrumento; no caso do de Celanova unha verdadeira xoia do patrimonio galego.
A Asociación de Mujeres en Igualdad Burela e Meniñ@s Centro de Formación y Ocio Educativo de Burela firman un convenio polo cal o centro ofrece de forma totalmente gratuita dúas prazas en turno de mañás para nenos cuxas nais se atopen en situación de exclusión social. Ademais, está orientado a fillos de vítimas de violencia de xénero. Desta forma, Meniñ@s quere colaborar coa labor que está a realizar a asociación Bumei.