Reunións no Cenima en Foz para programar viaxes
03-08-11O xoves ás 20:30 h terá lugar no CENIMA de Foz unha reunión para toda a xente que queira información do viaxe a roacia/Venecia que se organizará dende a A-Amigos das viaxes. Ás 21:30 h , haberá tamén no CENIMA de Foz outra xuntanza de información para toda a xente que queira viaxar a Bretaña Francesa para o mes de setembro. As dúas xuntanzas pode asistir os veciños que o desexen
















A Asociación de Mujeres en Igualdad Burela e Meniñ@s Centro de Formación y Ocio Educativo de Burela firman un convenio polo cal o centro ofrece de forma totalmente gratuita dúas prazas en turno de mañás para nenos cuxas nais se atopen en situación de exclusión social. Ademais, está orientado a fillos de vítimas de violencia de xénero. Desta forma, Meniñ@s quere colaborar coa labor que está a realizar a asociación Bumei.
A Librería Bahía de Foz, con motivo do seu 50 aniversario, organiza a exposición 'Os Ollos das Palabras' do escultor Caxigueiro, e o poeta e pintor Baldo Ramos. A mostra estará no CENIMA de Foz dende o venres 24 de maio ata o venres 7 de xuño. A inauguración terá lugar o venres 24 de maio ás 20.30 horas nun acto no que se contará coas intervencións de Caxigueiro, ademais de Suso do Bahía e Cielo Fernández dende a Librería Bahía, recital de poesía de Baldo Ramos e música de Mano Panforreteiro.
A Asociación Amigos das Viaxes viaxou a terras de Portugal e Salamanca, onde as cen persoas participantes coñeceron as grutas de Santo Antonio, Tomar, Viseu... O domingo día 26 de maio e ás 19:00 horas terán unha xuntanza no Cenima de Foz coas cen persoas que viaxan aos Fiordos para o 20 de xullo.