
O vindeiro domingo 26 de maio, coma sempre, celebrarase o Mercado do Souto en Cervo. O pasado domingo regresamos de novo á Praza do Souto e alí seguiremos de aquí en adiante se non chove de 10:00h a 14:00h. Para este domingo, Karrikanta e Airiños do Xunco teñen organizado, a partires das 12:30 h “MÚSIC@S DE PROXIMIDADE” coa colaboración do grupo de saxos: SAXOPHONÍSSIMO.
Este pasado xoves, día 23, o programa Parolando da Radio Valadouro dedicou o seu coloquio á vida no mar, co gallo da inauguración da feira de EXPOMAR en Burela. Estiveron no noso coloquio Mercedes Rodríguez Moreda, Xerente da OPP 07 (Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo), Ramón Reimunde (oficial da mariña mercante xubilado) e Juan Fraga (pescador xubilado). Matías Nicieza entrevistou a Xosé Díaz, administrador e propietario da fábrica de cerámica de Sargadelos, que vén de recibir a cualificación de Ben de Interese Cultural e a Nicola Bermingham, profesora irlandesa que está estes días en Burela para coñecer o Modelo Burela. Pola súa banda, Sabela Quirós entrevistou a Encarna Santos, educadora do programa Educando en Familia, que substitúe á desaparecida Preescolar na Casa.
As IV Xornadas do Bacalao continúan no hotel Vila do Val, en Ferreira do Valadouro. Os que o desexen poderán disfrutar de venres a domingo e ata o 30 de xuño dun menú composto por bocaditos de grelos e un prato de bacalao a elixir gratinado ao ali oli, con pemento vermello e améndoas ou a especialidade da casa, bacalao Vila do Val; ademais dunha sobremesa caseira. O prezo por comensal é de 18 euros, coa bodega non incluída. O teléfono para reservas é o 982 57 16 53.
A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos, organiza para o vindeiro sábado 25 de maio a Festa das Letras, tal como se vén facendo nesta parroquia barreirense na última década. Os actos terán lugar nas escolas a partir das 7 da tarde, que será cando se realicen as actividades dirixidas ao público infantil, consistentes en xogos populares e de animación así como outras actividades relacionadas coa cultura e coa lingua galegas. Todos os participantes recibirán os correspondentes agasallos. Ás nove e media da noite terá lugar a representación de “Véndese unha mula e A Pousada”, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte.
O grupo Californic Action, tributando a Red Hot Chili Peppers, será o encargado este venres, 24 de maio, de abrir a programación da Sala Castelao para esta fin de semana. Trátase do terceiro concerto de unha serie de homenaxes que se están facendo este mes a grandes bandas de rock. Este ciclo péchase a próxima semana con Rockaway, que tributa a Dire Straits. O concierto iniciarase a medianoite e tendrá un coste de 5 euros, con dereito a consumición. O sábado, co título Riffs da Terra, celébrase na Sala Castelao o dobre concerto de Arrhythmia e Martelo, como representantes da nova escena rock galega. Ambos grupos de recente creación, o primero de Lugo e o segundo de Santiago de Compostela. O concerto iniciarase á hora habitual das 0:00 cun coste de 5 euros.
O alcalde, José Mª González Barcia, presidiu esta sala na sala de arte da Casa da Cultura a inauguración da exposición fotográfica De onte a hoxe: o urbanismo burelao en imaxes, realizada polos alumnos de 4º de ESO do IES Monte Castelo. Trátase do primeiro acto das festas patronais deste 2013. O rexedor recoñeceu o traballo feito polos mozos e mozas do Monte Castelo e animounos a seguir nesta liña. González Barcia dixo que “a exposición pretende amosarlle á xente cómo cambiou Burela”. E pediulles aos rapaces que “tomen a mostra coma unha lección, que miren ao pasado para facer bo o presente e mellorar o futuro”. O programa das festas patronais de Burela seguirá o vindeiro sábado, 25 de maio, co pregón que pronunciará o ex conselleiro de Pesca e senador Enrique López Veiga. Será ás 21 horas no auditorio da Casa da Cultura. A continuación haberá un concerto do grupo Cánere son. E xa ás 22 horas dará comezo na praza da Mariña a verbena coa orquestra Magos de España.
O vindeiro sábado 25 de maio Mofa e Befa estará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro coa obra "Románticos!". Será ás 20.30 horas cunha duración de 100 minutos e para público adulto. Mofa & Befa regresan para colocar un dos mitos contemporáneos no seu sitio: o espírito romántico.
© 2013 | Crónica3 A Mariña 2008 - 2012 | RSS | Contacto | Información legal











