Unhas 40 persoas acudiron á observación astronómica na Casa da Ría de Ribadeo
11-08-11
Nota de prensa:
Arredor de 40 persoas acudiron á observación astronómica prevista para a noite de onte na Casa da Ría de Ribadeo, organizada pola Concellaría de Medio Ambiente. O edil Horacio Cupeiro explicou que “non tivemos unha noite para poder mirar o ceo, pero sí para aproveitar moi ben o tempo. Antonio Gregorio fixo unha exposición sobre a historia da astronomía e Alfonso Piñeiro deleitóunos cunha extraordinaria exposición sobre o telescopio mediante unha simulación por ordenador e tamén nos explicou o funcionamento deste aparato”. Hoxe 11 de agosto terá lugar a segunda observación astronómica programada para estes días desde o Concello.














Organizadas pola ACIA de Alfoz, veñen de iniciarse este mércores día 19, unhas visitas escolares ó concello de Alfoz e ó Val do río Ouro. Vinte e un alumnos do instituto Illa de Sarón de Xove, acompañados de dous profesores, pasarán tres días polas nosas terras. Estas visitas inclúen unha chea de actividades deportivas, lúdicas e culturais, para a realización das cales colaboran diversas entidades locais, dende o mesmo concello ata asociacións culturais, deportivas, empresas, etc. A finalidade é procurar uns días de diversión ós escolares que veñan e, ó mesmo tempo, potenciar o aspecto turístico do Val.
ACISA entregou os premios do concurso convocado para elixir o slogan da próxima edición do Ribadeo aberto, que terá lugar o próximo 5 de xullo. 'Ribadeo aberto, paseo entre desexos' foi o slogan gañador. O seu autor é Marc Monforte Farnós que concorreu ó concurso co pseudónimo de Ni + ni -. El levarase 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACISA. O segundo premio de 100 euros en vales de compra foi para José Carlos Díaz Blanco. O seu slogan foi o que reuniu máis "Me gusta" en Facebook. O seu lema: 'Vén a Ribadeo e déixate levar polo seu encanto'.