Xogadores e xogadoras do CD Burela FS completan as avaliacións médicas no Centro Clínico de Ribadeo
18-08-11
Nota de prensa:
AVALIACIÓNS MÉDICAS NO CENTRO CLÍNICO RIBADEO
Os xogadores e xogadoras do CD Burela FS completan estes días as exploracións médicas, comprobando a saúde dos seus corazóns, de cara ao inicio da competición, no Centro Clínico Ribadeo. Pola consulta do cardiólogo José Emiliano Cascallana pasarán os cadros laranxas sénior, para someterse ás pertinentes probas de ecocardiograma.
O Centro Clínico Ribadeo (rúa Dionisio Gamallo Fierros, número 3) abriu as súas portas en 2009 coas especialidades de medicina xeral, cardioloxía, traumatoloxía, uroloxía, odontoloxía e cirurxía maxilofacial, oftalmoloxía, podoloxía, psicoloxía, enfermería, fisioterapia e osteopatía. A clínica tamén ofrece servizos de xinecoloxía, depilación con láser médico, pediatría, psiquiatría, radioloxía xeral, mamografías, radioloxía dental e teleradiografía, ecografías, electrocardiogramas, audiometrías, espirometrías e análises clínicas.


















Viajes Lucus realizou unha excursión dunha semana de duración ás Rías Baixas. Os participantes desfrutaron dunha mariscada, queimada e visita a Portugal, entre outras. Agora está programada a seguinte viaxe a Segovia para o 25 de xullo, na ponte de Santiago, de 4 días de duración e visitarán Madrid e as Fontes do Palacio Real da Granxa de San Ildefonso que só ese día entran todas en funcionamento. O prezo da viaxe e de 165 euros en pensión completa. Máis fotos e información en