
Actuación musical do grupo Funkatro no pub Rockuncho de Ribadeo. Unha formación de catro músicos cun estilo definido como funk fusión con influencias del blues, jazz e rock. Un grupo instrumental que se poderá ver e escoitar o venres 24 de marzo. Álvaro Muras Funkatro no Pub Rockuncho de Ribadeo, 23:59h entrada libre.
O teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o espectáculo de Artestudio, Valados. O sábado25, as 6 da tarde. Un espectáculo no que a través da música, a máis grande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección. A entrada costa 2 euros.
O grupo de montaña do club deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza unha ruta ao Picu Mayor - el Picu’l Gorrión (Quirós), para o sábado 25 de febreiro. A saída será ás 8 da mañá desde Tapia. Para información e inscricións, ata o xoves 23, nos teléfonos: 689 175 515 (José Luís), 659 000 707 (Rafa),
608 540 828 (Eva). Prezo para socios colaboradores: 3 €, socios: 5 € e non socios: 12 €. prazas limitadas.
O Forum Gastronómico Santiago 2012 que se celebra do 26 ao 28 de febreiro, nos que a cultura galega e a gastronomía camiñan da man: a homenaxe a Álvaro Cunqueiro, con intervención de cinco cociñeiros galegos e Araceli Filgueira (coautora do libro "Cociña galega") e a sesión de Cine-Cena coa película "18 comidas" na que pàrticiparán o director e algúns dos actores do filme.
Tratase dunha camiñata de 18 quilómetros prevista para o sábado día 25 de febreiro. Con partida e chegada nas Ribeiras do Sor, pasará polo refuxio de Ulló, refuxio da Furada, Ponte do Porto, cruce de San Pedro, Coriscada, Pena Branca e O Carranco. Para más información nos teléfonos 981 414 002 ou 647 536 305
A Uned de Viveiro informa do cambio de datas para a impartición do curso “Ley de protección integral contra la violencia de genero". Os destinatarios deste curso son alumnos e profesionais do Dereito e Traballo Social. Persoas que polo seu traballo necesitan ter coñecementos sobre o tema (Policia, Guardia Civil..), poboación en xeral interesada no tema. As novas datas son o 16 e 23 de marzo. Os interesados pódense matricular en www.extensionuned.es ou a través da Secretaría. Mais información no teléfono 982 56 36 01.
© 2012 | Crónica3 A Mariña 2008 - 2012 | RSS | Contacto | Información legal










