23 de Febreiro de 2012

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Special Olympics e a Fundación Eu Son de Burela implantarán programas de ocio, deporte e voluntariado

30-11-11

Nota de prensa

Sinatura do convenio de colaboración entre Special Olympics Galicia e a Fundación Eu Son de Burela para o desenrolo e implantación de programas de ocio, tempo de lecer, deporte e promoción do voluntariado.
O acto tivo lugar esta tarde na sede de Fademga en Santiago e nel estiveron presentes Eladio Fernández en nome de Special Olympics e José María González Barcia, presidente da Fundación Eu Son. Barcia estivo acompañado pola membro do patronato da Fundación Eu Son, Diana Durán.
Segundo explicou a tamén concelleira de Servizos Sociais “gracias a este convenio Special Olympics cédelle un técnico á Fundación Eu Son para levar adiante todas as actividades de ocio, tempo de lecer… desde xa e ata o mes de agosto do vindeiro ano”.

Bitacoras Facebook Twitter Tuenti Meneame Chuza del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon