En Burela a crise empezou e xullo do 2011
Vivimos unha crise económica a nivel mundial dende o ano 2007, no pobo no que eu vivo, da a sensación de que esta crise empezou no mes de xullo do ano 2011, ata esa fecha, víanse obras no pobo, as rúas estaban iluminadas, os nosos nenos podían practicar deporte, os nosos maiores tiñan un local no que podían reunirse, as asociacións deportivas tiñan axudas do concello, as actividades para persoas maiores como as manualidades, bordado, etc eran gratuítas, sabíamos cando se achegaba o nadal xa que aparecían as nosas rúas iluminadas con fermosas luces que motivaban a facer compras nos nosos comercios, a xente tiña certa alegría. As persoas que nos gobernaban ata o mes de xullo seguro que tiñan problemas para conseguir financiación para darnos todos estes servicios, pero nunca saían na prensa queixándose, procuraban traballar para buscar recursos e iso transmitía certo optimismo no pobo. Por outro lado tiñamos unha oposición esixente, todo o que facían os que gobernaban parecíalles pouco, e saían continuamente na prensa con afán de desprestixiar e incluso moitas das veces empregando mentiras e insultos pouco axeitados.
O tempo pasou e houbo unhas elecións municipais, os veciños decidiron por sete votos dar o goberno ó PP, partido que dirixe dende o mes de xullo o concello, e aquí é onde empeza a crise para o pobo de Burela, agora os que antes esixian non ven mais que problemas para conseguir financiación, o primero que fixeron foi repartirse as adicacións e poñerse uns bos soldos, ademáis tamén subiron as dietas, amarraron ben a súa economía, e despois empezaron a queixarse, que si o concello estaba endeudado, que se recaudaba poco, que había moito gasto de luz, soldos etc. Como as gañas de trabajar non son moitas, á xunta de Galicia non se lle pode pedir moito por si se molesta pois deciden sacudir ós veciños, polo tanto despois dun esforzo mental sin precedentes ocórreselles que a solución e subir impostos, cobrar por todo e apagar as luces, na prensa saen pouco e si o fan é para queixarse. Con todo isto transmiten moi pouco optimismo ós veciños que andan pola rúa protestando en corriños, pero ahí queda todo, na intimidade, si algún osado se atreve a ir ó concello a pedir explicacións, todo o que oe é que hai moita crise e que os anteriores deixaron o concello endeudado, este discurso xa está gastado, xa é cansino, pero sin embargo parece que da resultado.
O noso Alcalde en vista do ben que lle vai coa disculpa segue viaxando non se sabe a onde para cobrar dietas e inflar o soldo a fin de mes, conseguir aínda non conseguiu nada, pero queda moi ben sair na prensa para anunciar que se reuniu con Xan ou con Pericán, e así da a sensación de que está a facer algo.
Insisto en que neste concello a diferencia do resto do mundo da a sensación de que a crise empezou en Xullo do 2011, da a sensación de que os que gobernaban antes non padeceron esa crise.
Unha veciña

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



