Nota de prensa
O Consello da Xunta celebrado onte aprobou o último trámite autonómico deste parque que se situará neste concello lugués
BALSEIRO É ALVAREZ CHAO SALIENTAN O INVESTIMENTO DE 16 MILLÓNS DE EUROS PARA A POSTA EN MARCHA DO PARQUE EÓLICO DE SASDÓNIGAS EN MONDOÑEDO
O deputado popular destaca a importancia deste tipo de investimentos neste momento e lembra que o Parlamento de Galicia aprobaba o pasado decembro un acordo unánime instando á Xunta a desenvolver medidas de discriminación positiva e apoio en beneficio deste concello e do conxunto da comarca.
Santiago, 27 de xaneiro de 2012.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez, veñen de amosar a súa satisfacción despois de que o Consello da Xunta de Galicia que tivo lugar no día de onte aprobara o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico de Sasdónigas, en Mondoñedo.
Os parlamentarios sinalan que esta actuación suporá que se achegue ata esta localidade un investimento de 16 millóns de euros. A este investimento hai que sumar o feito de que, unha vez posto en marcha, posibilitará a recadación de máis de 45.000 euros anuais en concepto de canon eólico, o que repercute directamente no conxunto dos veciños.O Goberno galego vén de dar así o seu visto e prace ao último trámite autonómico para a posta en marcha deste parque que se situará neste concello lugués e no que se instalarán once aeroxeradores cunha potencia total de 17,6 MW.
RECUPERACIÓN PRODUTIVA E EMPREGO NA MARIÑA
Balseiro e Álvarez Chao tamén quixeron relacionar esta boa nova lembrando o acordo aprobado polo Parlamento de Galicia, a iniciativa do Grupo Popular, e asumido por unanimide das tres forzas políticas parlamentarias o pasado mes de decembro. Nel pedíaselle á Xunta que impulsara medidas de apoio á recuperación produtiva e do emprego na Mariña lucense e, de xeito especial, en concellos como o de Mondoñedo, que hoxe vense beneficiados deste millonario investimento e da actividade económica a el aparellada. “É unha actuación especialmente ben recibida nestes momentos. E contribuirá a xerar riqueza e emprego na zona”, concluíron os deputados.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.