Nota de prensa:
A deputada do Grupo Popular, acompañada do voceiro do PP en A Fonsagrada e o alcalde de Baleira reuníronse esta mañá co director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón
EMMA ÁLVAREZ ASEGURA QUE O PLAN DIRECTOR DA REDE NATURA 2000 FACILITARÁ A CONSTRUCCIÓN DE INSTALACIÓNS AGRÍCOLAS, GANDEIRAS E FORESTAIS
Santiago, 27 de xaneiro de 2012.- A voceira de Conservación da Natureza do Grupo Popular, Emma Álvarez Chao, acompañada do voceiro do Partido Popular no Concello de A Fonsagrada, Tobías Martínez Cotarelo, e o alcalde de Baleira, Francisco Acal, reuníronse esta mañá en Santiago co director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón, co obxectivo de coñecer de primeira man como afecta a ampliación da Rede Natura 2000 a este concello lucense, así como os usos permitidos dentro deste territorio.
Álvarez Chao anunciou que presentará unha proposición non de lei no Parlamento galego demandando á Xunta a aprobación do borrador do Plan Director da Rede Natura 2000 no que se equipara o solo rústico de protección de espazos naturais co solo rústico de protección ordinaria recollido na Lei do Solo para facilitar a construcción de instalacións agrícolas, gandeiras e forestais, ou de instalacións vinculadas ás estradas e gasolineiras nas zonas definidas no citado Plan como de conservación e usos xerais.
TRANQUILIZAR AOS VECIÑOS
Diante das declaracións realizas en días pasados polo presidente da Deputación de Lugo e o alcalde de A Fonsagrada sobre unha suposta prohibición para construír instalacións agrícolas e apícolas de apoio á gandería extensiva e intensiva, gasolineiras ou explotacións forestais, Emma Álvarez Chao, Tobías Martínez e Francisco Acal desprazáronse a Santiago para coñecer a situación real na que quedará este concello coa aplicación do Plan Director da Rede Natura 2000 “e poder tranquilizar aos veciños ante as informacións irreais que se están a difundir estes días, xa que queda garantido que nos espazos da Rede Natura 2000 fomentaranse as actividades e usos tradicionais, tal e como di o Plan Director e en consonancia coas normativas europeas”.
Neste sentido, o director xeral de Conservación da Natureza explicou que, se ben é certo que o artigo 39 da Lei do Solo permite, con carácter excepcional, aos concellos con máis do 40 por cento da superficie en Rede Natura usos prohibidos para os solos rústicos de protección de espazos naturais (SRPEN), o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia que a Xunta está a tramitar neste momento establece, en función dos valores naturais a protexer, unha zonificación e un réxime de usos autorizables por zona que matiza as citadas limitacións da Lei do Solo.
EXCEPCIÓNS
Deste xeito, non toda a superficie clasificada como SRPEN ten un mesmo valor de conservación e, polo tanto, pasarían a estar permitidos ou autorizables para todos os concellos, independentemente da porcentaxe de superficie destes municipios que se atopa en Rede Natura, usos como construccións e instalacións agrícolas, de apoio á gandería extensiva ou intensiva, construccións e instalacións forestais ou instalacións vinculadas a estradas ou gasolineiras.
Esta medida equipara os usos permitidos na zona de conservación e na zona de uso xeral cos usos permitidos nos solos rurais de protección ordinaria. Estas zonas representan en torno a un 90 por cento da Rede Natura galega.
Desta maneira, os concellos de A Fonsagrada e As Nogais non terán por que ver incrementada a súa porcentaxe de espazo en Rede Natura, como están a pedir os socialistas tanto na Deputación Provincial como no concello, xa que se verían beneficiados por estas excepcións para o desenvolvemento dos sectores gandeiro, agrícola e forestal, do mesmo xeito que os demais municipios galegos.
Dada a importancia deste asunto para estes concellos da montaña lucense, Emma Álvarez anunciou a presentación dunha proposición non de Lei no Parlamento galego para que a Xunta axilice a tramitación do Plan Director da Rede Natura 2000 e se aprobe conforme está redactado na actualidade, de xeito que todos os municipios galegos poidan gozar desta excepción para facilitar o asentamento da poboación no rural.

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.