A Xunta obrigará a reinverter parte dos beneficios obtidos tras unha tala para repoboar
23-02-12E impedirá dividir terreos por debaixo de 15 hectáreas
A Xunta obrigará a reinverter no monte tras tallar
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Feb. (EUROPA PRESS) -
A primeira Lei de Montes galega, que iniciará a súa tramitación parlamentaria tras recibir a luz verde do Executivo autonómico, obrigará a reinverter parte dos beneficios obtidos tras unha talla para repoboar e impedirá a división de parcelas por debaixo de 15 hectáreas para “loitar contra o minifundismo”, segundo anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. ( . . . )
















A Librería Bahía de Foz, con motivo do seu 50 aniversario, organiza a exposición 'Os Ollos das Palabras' do escultor Caxigueiro, e o poeta e pintor Baldo Ramos. A mostra estará no CENIMA de Foz dende o venres 24 de maio ata o venres 7 de xuño. A inauguración terá lugar o venres 24 de maio ás 20.30 horas nun acto no que se contará coas intervencións de Caxigueiro, ademais de Suso do Bahía e Cielo Fernández dende a Librería Bahía, recital de poesía de Baldo Ramos e música de Mano Panforreteiro.
A Asociación Amigos das Viaxes viaxou a terras de Portugal e Salamanca, onde as cen persoas participantes coñeceron as grutas de Santo Antonio, Tomar, Viseu... O domingo día 26 de maio e ás 19:00 horas terán unha xuntanza no Cenima de Foz coas cen persoas que viaxan aos Fiordos para o 20 de xullo.
A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, realizou a semana pasada unha viaxe a Almuñécar en Granada, onde puideron visitar a Alhambra, as Alpujarras e a Costa Tropical. Ademais, xa teñen preparada a viaxe gastronómica o Santoinho en Viana do Castelo a fin de semana do 8 e 9 de xuño a un prezo de 100 euros con todo incluído: mercado, bacallau, entrada ó Santoinho, pensión completa e mariscada nas Rias Baixas. Tamén está programada unha viaxe dunha semana ás Rías Baixas para desfrutar desta comarca galega, visitando todos os seus pobos e cidades por 220 euros. Poden anotarse en