20 de Abril de 2014

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Mondoñedo informa de que a Ordenanza de Inspeccións de Edificios se atopa en prazo de alegacións

25-02-12

Nota de prensa

O PP de Mondoñedo informa de que a Ordenanza de Inspeccións de Edificios se atopa en prazo de alegacións

O PP local critica a obrigatoriedade de que pasen inspección practicamente todos edificios de máis de 50 anos

O PP presentará alegacións e pedirá que se elabore esta documentación só en casos de risco de inseguridade

Mondoñedo, 25 de febreiro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo informa de que a Ordenanza de Inspeccións de Edificios está en prazo de alegacións. Dada as características da localidade, dende o grupo municipal ven necesario que os veciños coñezan esta situación.

O Partido Popular da localidade resalta a necesidade de protexer e garantir a seguridade dos mindonienses e defende a importancia de dar un impulso ao deber de conservación. Pese a esta defensa, dende o grupo popular manifestan a súa crítica contra a obrigación de que pasen inspeccións practicamente todos aqueles edificios con data de construción superior aos cincuenta anos ou catalogalos.

A portavoz local, Elena Candia, manifesta a súa critica ante o feito de que esta medida se tome “sen consenso” e segundo Candia “crea unha obrigación gravosa neste momento para os mindonienses”.

Ante esta situación, dende o grupo municipal popular presentarán alegacións para intentar que esta obrigatoriedade só se efectúe cando haxa un documento que acredite o risco de inseguridade.

De igual maneira, segundo explica Candia “tamén pediremos que o deber de conservación se faga extensible a solares pola súa importancia para prever incendios.”.

Xuntanzas veciñais

O PP local está a manter reunións veciñais explicativas dos temas que preocupan aos mindonienses. Así, onte a portavoz local xunto con outros membros do grupo municipal mantiveron unha xuntanza cos veciños da parroquia de Vilamor para informalos da Rede Natura 2000 e da situación na que se atopa a concentración parcelaria. Mañá, ás 17:00 horas, a xuntanza será cos veciños de Masma.

Article Global Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Eli Pets