22 de Setembro de 2014

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Día mundial da auga

23-03-12

DIA MUNDIAL DA AUGA


Non sempre existiu a auga. Parece ser que a Terra formouse hai cinco mil millóns de anos, e a auga apareceu moito máis tarde. Durante millares de milenios a Terra comportouse coma o interior dun volcán; ninguén sabe exactamente o que sucedeu naquel período, aínda que os científicos baseándose no estudo das estrelas e os planetas da nosa galaxia, formularon algunhas hipóteses moi suxestivas sobre o pasado da superficie terrestre. Mentres tanto, unindo a ciencia á fantasía, podemos imaxinar o mundo coma un inmenso laboratorio cheo de recipientes flamexantes e rodeados por unha enorme nube de gas: mentres a Terra se ía enfriando lentamente, formouse a auga.

Naturalmente todo esto sucedeu antes de que na Terra houbese sinais de vida, antes de que aparecese o primeiro animal ou a primeira pranta. Sin embargo a auga é considerada, e non só polos poetas, como a fonte da vida, e condición esencial da existencia. O filósofo grego Tales, que viviu polo século VI antes de Cristo, opinaba que o mundo xurdiu da auga. En varias relixións a auga é considerada como elemento de purificación e entre os pobos primitivos adorábase coma se fose unha divinidade. Os trobadores medievais, imaxinando que o corazón era o centro dos nosos sentimentos e que no medio del había auga, escribían nas súas poesías que el amor nace del lago del corazón. Como pode verse, antes que a ciencia chegou a fantasía.

O ciclo da auga na natureza é constante, continuo e perfecto. Parte da auga, moi pouca por certo, da superficie dos mares, ríos e lagos transfórmase en vapor e, de forma invisible, ascende incorporándose á atmosfera. Unha parte queda a ras do chan, pero outra ascende.

Esta auga almacenada nas nubes e néboas retorna á terra en forma de choiva, granizo, escarcha, etc. Unha parte moi considerable volve a caer en forma líquida sobre ao mar, outra sobre os campos e, esvarando por terreos impermeables, dá lugar a torrentes que logo se converten en ríos; pero hai outra masa de auga que se filtra e alimenta as correntes subterráneas, capaces de aflorar de novo por medio de manantiais, fontes, pozos… que están en acelerada vía de extinción: hai cambios de clima e do chan, inundacións, secas e desertización..

Pero é a acción humana – din os expertos — a mais drástica: exerce unha deforestación delirante, ignora os coñecementos das comunidades indíxenas locais, retira a auga dos ríos de diferentes maneiras, entre outras, con obras de enxeñería, represas e desvíos.

Nun xornal lemos: “ Los gobiernos utilizan el problema de la escasez y la contaminación del agua para propiciar conflictos en comunidades, pueblos y ciudades, a pesar de que los causantes de esta situación son las industrias y las autoridades que han contaminado, depredado y agotado el recurso, concluyeron ayer unos 400 delegados que asistieron al foro En defensa del agua”.

A auga é un recurso imprescindible, pero escaso, para a vida. Menos do 1% da auga do planeta é doce e accesible para o home, aínda que esta porcentaxe varía en función do lugar, o clima ou a época do ano.

Na axenda política internacional o tema da escaseza da auga volveuse prioritario, xa que unha situación de carencia do líquido elemento ameazaría a tres aspectos fundamentais do benestar da humanidade: a produción de alimentos, a saúde e a estabilidade política e social.

Tendo en conta as consideracións que deixamos apuntadas, e moitas outras que poderían engadirse, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, co fin de sensibilizar á poboación mundial da grave ameaza que para a humanidade representa o problema da escaseza da auga, o 22 de Febreiro de 1993, declarou o 22 de Marzo de cada ano como o Día Internacional da Auga.

Boutros Ghari, ex secretario xeral daquel alto organismo, sentenciou: “ Neste século a auga será máis importante que o petróleo”.

Article Global Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Eli Pets