A Concelleira de Cultura, Familia, Muller e Turismo do Concello de Lourenzá facilita o listado de gañadores do certame de narración e debuxo na edición “Letras Galegas 2012”, (que nesta edición xiraba en torno á temática A SUPERSTICIÓN), correspondente á Biblioteca Pública Municipal “Juana de Ibarbourou” de Lourenzá. Os membros do xurado veñen de facer pública a súa valoración na xornada do pasado mércores 16 de maio, e desexan felicitar aos nenos premiados, resaltando o nivel dos traballos presentados. (ver listado en documento adxunto). A entrega de diplomas e agasallos está prevista para as vindeiras semanas, aínda que a data está sen concretar, polo que llo comunicarei no momento que sexa oficial.
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO
“LETRAS GALEGAS 2012” – A SUPERSTICIÓN
– Convocatoria local: Biblioteca de Lourenzá –
LISTADO DE GAÑADORES
* NARRACIÓN :
| Categoría A
(ata 8 anos) |
Categoría B
(de 9 a 11 anos) |
Categoría C
(de 12 a 16 anos) |
|
Antía Lillo Irimia |
Javier Álvarez Méndez |
Codés Lillo Irimia |
|
Mencía Martínez-Sierra Franganillo |
Celia Reino Reigosa |
Fátima Reino Reigosa |
|
Elena Lodos Uz |
Ana Baña García |
——————- |
* DEBUXO :
| Categoría A
(ata 8 anos) |
Categoría B
(de 9 a 11 anos) |
Categoría C
(de 12 a 16 anos) |
|
María Sánchez Villalba |
Zaira Braña Irimia |
Fátima Reino Reigosa |
|
Laura Recalde |
Celia Reino Reigosa |
Ilyass Khaled |
|
Roberto Varela Barreira |
Manuel Santamarina Portela |
Eugenio Pérez Goás |





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



