Os lucenses maiores de 50 anos xa poden solicitar prazas subvencionadas nos balnearios da provincia
– A Deputación abriu o prazo para que os interesados poidan beneficiarse de descontos de 43 euros en paquetes de prestacións dos balnearios de Pantón, Guitiriz, Palas de Rei e Lugo dende xuño a decembro
– Os interesados nunha das 1.400 prazas dispoñibles poderán inscribirse por Internet, a través da web www.deputacionlugo.org, ou de xeito presencial no Rexistro do Pazo de San Marcos a partir do mércores 23 de maio
– O programa de termalismo Km0 Balnearios no Camiño é unha iniciativa que persegue potenciar a economía sostible na provincia ó tempo que promociona, grazas ó Camiño, o turismo desestacionalizado
A Deputación abriu este mércores o prazo de inscrición para Km0 Balnearios no Camiño, o programa de termalismo que a institución provincial puxo en marcha por segundo ano consecutivo, tras o éxito acadado entre os máis de 1.000 usuarios que a tempada pasada accederon ás prazas dispoñibles nos catro balnearios lucenses. Grazas ó convenio asinado o pasado luns polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e os representantes dos balnearios de Guitiriz, Pambre e Lugo, os beneficiarios deste programa poderán ter acceso ós tratamentos termais que ofrece a provincia, mellorando a súa calidade de vida ó tempo que potencia a dimensión económica da riqueza medioambiental da provincia, en particular das súas augas mineromedicinais.
Durante a presentación do programa de termalismo, Gómez Besteiro destacou que dende a institución provincial “pensamos no benestar e na saúde dos nosos veciños, pero tamén no impulso de iniciativas como o termalismo, que contribúe a reactivar a economía da provincia, propiciando factores de crecemento como a desestacionalización do turismo”, ofrecendo novas fórmulas para a modernización e mellora da calidade de vida do medio rural, creando e mantendo postos de traballo, o que favorece decisivamente á fixación de poboación no rural.
Descontos de 43 euros por persoa en 1.400 prazas
Km0 Balnearios no Camiño ofrece un total de 1.400 prazas nos balnearios lucenses dos Concellos de Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz, das que se poderán aproveitar os lucenses maiores de 50 anos entre os meses de xuño e decembro. Os beneficiarios contarán con descontos de 43 euros por persoa entre o 1 de xuño e o 31 de decembro nos seguintes paquetes de prestacións:
6 días con 5 noites de estancia
5 pensións completas
Día de entrada (domingo): incluídos cea e aloxamento
Día de saída (venres): incluídos almorzo e comida
10 técnicas de balneario
1 recoñecemento médico á chegada
De luns a xoves: programa de animación sociocultural
As 1.400 prazas de Km0 Balnearios no Camiño distribúense do seguinte xeito: 240 prazas no Hotel Balneario&Golf Resort de Guitiriz, 230 prazas no Hotel Balneario Río Pambre, 760 en Oca Augas Santas Balnearios Golf&Resort e 170 no Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas. Cada beneficiario poderá acudir cun acompañante, que poderá participar no programa aínda que non cumpra os requisitos de ter máis de 50 anos e estar empadronado na provincia.
O prazo para presentar as solicitudes de inscrición deu comezo o mércores 23 de maio, e os interesados en participar poderán formalizar as súas inscricións a través de Internet, visitando a páxina www.deputacionlugo.org ou ben de xeito presencial no Rexistro provincial, ubicado no Pazo de San Marcos.
O termalismo, sector en auxe
Este programa de termalismo ten entre os seus obxectivos a potenciación dos recursos naturais, en particular das augas mineromedicinais. O sector do termalismo atrae cada ano a máis usuarios interesados nos beneficios que, para a saúde e o benestar, ofrecen os centros termais. Segundo os datos manexados polo “Observatorio Nacional del Termalismo y Desarrollo Rural”, a comunidade galega é a primeira potencia española en oferta termal, por número de centros e pola calidade dos mesmos. O chamado turismo de saúde ten un importante peso específico dentro do sector, representando preto do 11% do PIB da comunidade.
A provincia de Lugo conta con catro balnearios que destacan polo interese medicinal das súas augas e pola calidade das súas instalacións hoteleiras, os cales acollen, de media, a 120.000 persoas ó ano. Ademais, o feito de que estes balnearios estean na zona de influencia dos Camiños Xacobeos Primitivo, Francés e de Inverno ó seu paso por Lugo, favorece a posibilidade de dar a coñecer a riqueza e recursos naturais, culturais e paisaxísticos da provincia. A afluencia de usuarios destes centros termais favorece á hostalería e a outros sectores estratéxicos para o tecido socioeconómico de Lugo, como o comercio, a artesanía, ou a actividade agroalimentaria, pois os visitantes comen en restaurantes da zona, consumen produtos autóctonos e visitan os museos e o patrimonio paisaxístico, cultural e arqueolóxico dos Concellos nos que atopan estes centros e, por extensión, os do resto da provincia.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.