A Deputación multiplica por 10 a capacidade hidráulica da ponte de Santa Comba, evitando novos derribamentos
– O responsable de Xestión Territorial supervisou os traballos que a institución executou nun treito da CP 5505 de Orrea a Galegos, en Riotorto, achegando para elo 25.000 euros
– Martínez subliñou que “damos solución a otra chapuza do PP”, suplindo dúas tubaxes de tan só 600 milímetros por marcos de formigón armado de 2×3 metros
– Logo de esperar polo permiso da Confederación Hidrográfica do Norte e redactar un complexo proxecto, a institución finaliza estas obras, garantindo a seguridade dos 200 usuarios da ponte
O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, supervisou este mércores os traballos de mellora no treito da CP 5505 de Orrea a Galegos, en Riotorto, onde se atopa a chamada ponte de Santa Comba. A institución vén de rematar estas actuacións, nas que investiu 25.000 euros e coas que multiplicou por 10 a capacidade hidráulica de dita infraestrutura co obxectivo de evitar novos derribamentos e garantir a seguridade dos usuarios.
E é que a suba do caudal do regueiro de Santa Comba coas choivas foi deteriorando a ponte ata producirse un socavón no punto quilométrico 0,600 debido ó material e o reducido diámetro das escolleiras coas que contaba esta infraestrutura, segundo constataron os técnicos. “É outra chapuza do Partido Popular á que damos solución. Nós non optamos por facer algo rápido e sinxelo, é dicir, outra chapuza para saír do paso como fan os populares. Fixemos un proxecto técnico no que se estudou ata o posible incremento do caudal do río, garantindo que a ponte resista á maior riada que poida acontecer nos vindeiros anos, segundo mantén a normativa vixente. Para nós o primeiro é a seguridade dos veciños, neste caso a dos máis de 200 usuarios desta infraestrutura que dá acceso a núcleos como Villarquide, Galegos, Praducelo, Courel…”, destacou Martínez.
O organismo provincial supliu as dúas tubaxes de tan só 600 milímetros que constituían a ponte por marcos de formigón armado de 2×3 metros, multiplicando por 10 a súa capacidade hidraúlica. Isto evitará que o caudal sobrepase a infraestrutura, que as pólas se reteñan nas súas escolleiras, así como novos cortes ó tráfico, tal e como acontecía ata entón.
Ademais da complexidadade deste proxecto, a Deputación tivo que solicitar á Confederación Hidrográfica do Norte o permiso necesario para poder iniciar as obras, trámites que demorando o remate destas actuacións hoxe listas.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.