A ÁREA DE DEPORTE DA DEPUTACIÓN COLABORA NA ELABORACIÓN DO PRIMEIRO ANUARIO DE FÚTBOL BASE DA PROVINCIA
Esta publicación recolle fotos de máis de 4.000 rapaces identificados con nomes, apelidos e posicións, desde a categoría benxamín á xuvenil
Antonio Veiga afirmou que “somos conscientes de que este anuario é, para os rapaces que forman parte da canteira dos equipos lucenses de fútbol, unha gran recompensa a un gran esforzo que veñen realizando desde idades temperás”
Lugo, 23 de maio de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou, esta mañá no campo de fútbol da Cheda, o primeiro anuario de fútbol base da provincia. No acto de presentación tamén estiveron, o coordinador desta publicación, Javier Ferreiro, así como varios directivos e representantes dos clubs lucenses con equipos de base.
Este anuario, do que se publican 6.000 exemplares, encadra fotos e datos de todos os xogadores do fútbol base lucense, cun total de máis de 4.000 rapaces identificados con nomes, apelidos, data de nacemento e posicións, desde a categoría benxamín á xuvenil; así como fotografías de equipo, co que a Área de Deporte da Deputación pretende demostrar o seu apoio incondicional á actividade deportiva, neste caso ao fútbol de base.
O coordinador da publicación, Javier Ferreiro explicou que “levabamos tempo pensando algo para recompilar todos os valores que compiten nas diferentes categorías, e neste caso, conseguimos algo pensado para que de aquí a un tempo os rapaces poidan recordar con quen xogaban e contra quen”. Neste sentido, Ferreiro agradeceu “á Área de Deporte da Deputación a súa colaboración, posto que sen esa axuda sería inviable facer 6.000 copias dun libro de unhas 150 páxinas”.
Antonio Veiga incidiu en que “desde a Área de Deporte da Deputación apostamos polo desenvolvemento do deporte de base nas nosas comarcas, en todas as súas modalidades e categorías, como é o caso do Fútbol, un deporte no que tanto a participación como a expectación se refire é moi grande. Cremos que é necesario, e por iso desde a Área de Deporte así o facemos, apoiar a todos os equipos lucenses, neste caso de fútbol, para seguir fomentando o deporte en todas as categorías, de maneira que se vaian forxando grandes xogadores e deportistas na nosa provincia, pois pode dicirse que o deporte de base é o primeiro chanzo dunha actividade tan complexa como é a deportiva”.
Ademais, “desde a Área de Deporte somos conscientes de que este anuario é, para os rapaces que forman parte da canteira dos equipos lucenses de fútbol, unha gran recompensa a un gran esforzo que veñen realizando desde idades temperás”, puntualizou Antonio Veiga.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.