A proposta do PP, o Parlamento Galego creará un grupo de traballo para consensuar melloras de seguridade para os pescadores deportivos
24-05-12O portavoz do Mar, Jose Manuel Balseiro, adianta a súa satisfacción despois de que PSOE e BNG aceptasen na súa integridade a emenda popular
O PARLAMENTO GALEGO APROBA, A PROPOSTA DO PP, A CONSTITUCIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO PARA CONSENSUAR MELLORAS EN MATERIA DE SEGURIDADE PARA OS PESCADORES DEPORTIVOS
Integrado polas asociacións máis representativas neste ámbito, a Federeación Galega de Pesca Deportiva, os grupos políticos e a Consellería do Medio Rural e do Mar avaliará e realizará propostas neste ámbito
Santiago, 24 de maio de 2012.- A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia vén de aprobar está mañá a proposta do Grupo Popular para que se constitúa un grupo de traballo dirixido a consensuar diversas melloras en matería de seguridade para os pescadores de portivos.
Os populares solicitaron a través dunha emenda que este grupo fora integrado polas asociacións máis representativas neste ámbito, as tres forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia (PP, PSOE e BNG) e a Consellería do Mar. O acordo definitivo establece, así mesmo, un prazo de tres meses para que se constitúa este grupo e que nel tamén participe a Federación Galega de Pesca Deportiva.
TRABALLAR DA MAN DO SECTOR
O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa satisfacción despois de que socialistas e nacionalistas aceptasen na súa integridade a emenda popular e adiantou que a intención do PP coa proposta que finalmente prosperou é traballar da man do sector –que no caso da pesca deportiva está representado por unha serie de colectivos moi diversos e amplos- para que a normativa resultante en materia de seguridade sexa obxecto dun proceso participativo no que se acade o máximo consenso .














Organizadas pola ACIA de Alfoz, veñen de iniciarse este mércores día 19, unhas visitas escolares ó concello de Alfoz e ó Val do río Ouro. Vinte e un alumnos do instituto Illa de Sarón de Xove, acompañados de dous profesores, pasarán tres días polas nosas terras. Estas visitas inclúen unha chea de actividades deportivas, lúdicas e culturais, para a realización das cales colaboran diversas entidades locais, dende o mesmo concello ata asociacións culturais, deportivas, empresas, etc. A finalidade é procurar uns días de diversión ós escolares que veñan e, ó mesmo tempo, potenciar o aspecto turístico do Val.
ACISA entregou os premios do concurso convocado para elixir o slogan da próxima edición do Ribadeo aberto, que terá lugar o próximo 5 de xullo. 'Ribadeo aberto, paseo entre desexos' foi o slogan gañador. O seu autor é Marc Monforte Farnós que concorreu ó concurso co pseudónimo de Ni + ni -. El levarase 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACISA. O segundo premio de 100 euros en vales de compra foi para José Carlos Díaz Blanco. O seu slogan foi o que reuniu máis "Me gusta" en Facebook. O seu lema: 'Vén a Ribadeo e déixate levar polo seu encanto'.