XUNTA ACHEGA EN BURELA AOS MOZOS E MOZAS AS POSIBILIDADES DO SECTOR PRIMARIO PARA FOMENTAR O EMPRENDEMENTO XUVENIL
? A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, inaugurou hoxe esta mostra na que os participantes terán ocasión de coñecer a visión que sobre o mundo agrario e pesqueiro teñen destacados profesionais
? Os participantes compartirán experiencias sobre como emprender, cal é o futuro do sector primario, nichos de emprego en tempos de crise ou cal é o camiño cara o éxito profesional
? Esta mostra xuvenil inscríbese na xeira de nove actos pertencentes ao Programa Conecta da Dirección Xeral de Xuventude que percorrerán outros tantos concellos galegos
Burela (Lugo), 26 de maio de 2012.- O encontro xuvenil ‘Terra e mar, fonte de emprendemento xuvenil’, que se está a celebrar hoxe en Burela (Lugo), organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, achegará aos mozos e mozas as posibilidades de emprendemento dos sectores agrario e pesqueiro.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, inaugurou hoxe esta mostra na que os participantes terán ocasión de coñecer a visión que sobre o mundo agrario e pesqueiro teñen destacados profesionais vinculados a ambos os dous sectores distribuídos en tres mesas de traballo.
A representante do Executivo galego na provincia de Lugo destacou que “a mocidade é un colectivo prioritario nas políticas de emprego da Xunta” e, fixo alusión a que “só en 2011, investíronse precisamente 81 millóns de euros en políticas de emprego xuvenil”.
Así mesmo, Arias expuxo tamén que, nos próximos días serán publicadas as novas liñas de axudas para emprendedores do IGAPE, que “polos beneficios do Impulsa Lugo suporán que os proxectos que se ubiquen na provincia de Lugo contarán con maiores vantaxes”.
Estas ponencias complementaranse con diversas actividades paralelas: talleres sobre emprego e emprendemento xuvenil, mostras de talento xuvenil en distintos ámbitos e saídas a lugares emblemáticos da Mariña lucense.
A primeira das mesas buscará o pulso do éxito profesional a través do liderado xuvenil da man de profesionais coma Luis Lamas, licenciado en dereito e actualmente presidente de SOGAMA; Pablo Costa, mozo arquitecto que desenvolve o seu traballo no estudio do afamado arquitecto Peter Einsemann en Nova York; o analista financeiro Carlos Corredoira; e representantes da asociación de mozos empresarios AJE.
Haberá tamén unha mesa redonda sobre as oportunidades que os mozos e mozas galegos poden atopar no sector primario. Nela participarán Antonio Basanta, licenciado en ciencias políticas e master en economía pesqueira e actualmente xefe de relación institucionais e internacionais da Consellería do Mar; José Taboada, veterinario e mozo titular da súa propia explotación láctea e representantes das empresas Quintián e Produtores rurais de Lugo vinculadas pola súa actividade ao sector lácteo.
Paralelamente ás actividades matutinas haberá talleres sobre emprego e seguridade social para mozos e mozas.
Xa pola tarde, asociacións e entidades xuvenís da comarca amosarán o resultado do seu traballo creativo en distintos ámbitos (danza, xogos de roll, música…) estas actividades complementaranse con saídas a enclaves de interese da mariña lucense.
Esta mostra enmarcase no proxecto transfronteirizo ‘Emprende’ e conta coa participación e colaboración de diferentes entidades, tanto galegas como portuguesas. Despois de recalar nos concellos de Santiago, Vila de Cruces e Ferrol; esta é a cuarta das nove mostras sobre emprendemento xuvenil que conforman o programa ‘Conecta’, que está a levar a cabo a área autonómica de xuventude.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.