OS CONCELLOS DE LUGO XA PERCIBEN OS ANTICIPOS DAS AXUDAS PARA SERVIZOS SOCIAIS, CINCO MESES ANTES QUE O ANO ANTERIOR
En total, a Xunta destina a estes adiantos no conxunto da provincia preto de 2,5 millóns de euros dos 12,4 millóns abonados en toda a comunidade
Os conceptos que se subvencionan con esta contía son principalmente o servizo de axuda no fogar (básico e de dependencia), así como os traballadores sociais e outro persoal técnico destes servizos
En anos anteriores, os concellos comezaban a cobrar estas axudas en torno ao mes de outubro, polo que esta axilización permite ás entidades locais mellorar a súa situación financeira con respecto á prestación de servizos sociais
Este adianto prodúcese logo de que a Xunta puxera en marcha un novo decreto dos servizos sociais comunitarios para optimizar estas vías de financiamento, e para dar resposta tamén á demanda dos concellos
Lugo, 20 de maio de 2012.- Os 67 concellos da provincia de Lugo xa empezaron a recibir estes días os anticipos correspondentes ás axudas destinadas a financiar os servizos sociais comunitarios. Estes adiantos, que ascenden a preto de 2,5 millóns de euros (2.473.806,19 euros) para toda a provincia, supoñen que as entidades locais están a recibir parte do financiamento cinco meses antes que o ano anterior.
Os conceptos que se financian correspóndense a adiantos dos conceptos do servizo de axuda no fogar –SAF- (básico para os concellos de máis de 20.000 habitantes); á subvención para o mantemento dos traballadores sociais de todos os concellos, así como para o persoal técnico destes servizos nos concellos de máis de 20.000 habitantes. Ademais, tamén se executou o primeiro pago correspondente ao servizo de axuda no fogar de dependencia.
Para calcular os adiantos a percibir por cada concello, tívose en conta o financiamento recibido o ano anterior polos conceptos de SAF básico e por traballadores sociais e outro persoal técnico; mentres que para o SAF dependencia estimouse grazas a unha nova aplicación informática na que se coñece o número de usuarios durante o primeiro trimestre e as horas de atención prestadas.
Esta axilización de parte do financiamento, que no conxunto da comunidade supón o pago de 12,4 millóns de euros, prodúcese grazas ao novo decreto de servizos sociais comunitarios posto en marcha pola Xunta, no que se establecía o pago nos primeiros meses do ano por estes conceptos. O ano pasado, por exemplo, os concellos empezaron a recibir este financiamento no mes de outubro, o que supón que este exercicio percibirán as axudas con máis de 5 meses de antelación.
Grazas a estes adiantos, axúdase aos concellos na prestación dos servizos sociais, ao tempo que se aliviar a súa situación actual, tal e como comprometera a Xunta de Galicia, que dá resposta así tamén á demanda dos propios concellos.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



