Arrinca a terceira fase de reforzo da rede eléctrica no treito entre Espiñerido e San Ciprián
-Os traballos consisten no soterramento da liña de media tensión co obxectivo de mellorar e garantir o subministro
-Trátase da derradeira fase dun proxecto máis amplo que reforzará a rede eléctrica entre a subestación de Burela e San Ciprián
Cervo, 21 de maio de 2012-As obras de reforzo e mellora do subministro eléctrico no Concello de Cervo entran na súa terceira fase. O proxecto, consistente no soterramento de máis de 8 quilómetros de liña eléctrica de media tensión entre a subestación de Burela e San Ciprián, só ten pendente o último treito, comprendido entre Espiñerido e San Ciprián, unhas obras que comezaron nestes días. De feito, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso e o de Seguridade, José Ramón Soto, achegáronse esta mañá ata un dos puntos en obras para comprobar o desenvolvemento dos traballos.
Esta actuación correspóndese coa última fase de execución do proxecto de reforzo da rede eléctrica a través da instalación dunha nova liña canalizada baixo terra, despois da finalización da primeira fase, entre a subestación de Burela e Cervo; e a segunda, entre Cervo e Espiñerido.
Este proxecto permitirá “garantir o subministro eléctrico minimizando as posibles avarías causadas polos adversos meteorolóxicos” explica o rexedor cervense. Ademais, cabe lembrar que se trata “dunha liña de reforzo, polo que en caso de rexistrarse un fallo eléctrico nunha delas, a outra poderá cubrir a carencia” engade Villares.
Para o goberno local, o soterramento dos cables eléctricos “é a mellor opción”, non só pola continuidade do subministro, senón tamén dende o punto de vista medioambiental e urbanístico. “Co soterramento dos cables, redúcese a cero o impacto visual e ao mesmo tempo evítase a colocación duns postes e unhas liñas fixas que marcarían o futuro desenvolvemento do municipio” remata o mandatario cervense.
De feito, o goberno local lembra que dende un primeiro momento a aposta do executivo foi a dunha rede soterrada como única posibilidade, desbotando a instalación doutra liña de cables aérea, para o que mantivo contactos coa Consellería de Industria e Begasa. Para facilitar e favorecer a canalización da liña baixo terra, o goberno local puxera ao dispor das dúas entidades implicadas os viais e camiños de titularidade municipal.
O proxecto de canalización da liña de media tensión no municipio cervense inclúese no Plan de Calidade da Subministración Eléctrica de Galicia posto en marcha pola Consellería de Industria en colaboración con Begasa e o investimento ascende a 2 millóns de euros.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



