Celebrouse en Burela a terceira xuntanza aberta na Mariña para a constitución da organización Novo Proxecto Común
31-05-12
Nota informativa da Xuntanza Aberta na Mariña
O pasado sábado día 26 de maio tivo lugar en Burela, ás 7 da tarde, a III Xuntanza Aberta na Mariña. Na mesma nomeouse unha Coordinadora provisional para organizar a IV Xuntanza, que será a constituínte da nova organización (o “Novo Proxecto Común”) na nosa comarca.
Esta coordinadora, composta por veciñas e veciños de Mondoñedo, Viveiro, Ribadeo, Alfoz, Lourenzá, O Vicedo, Barreiros, Burela, A Pontenova e Ferreira do Valadouro, ten tamén o encargo de propoñer e facilitar para o debate os textos polos que se rexerá a organización.
Na súa primeira reunión celebrada en Lourenzá, a coordinadora elaborou unha planificación coa previsión de que a asemblea constituínte poda celebrarse a finais de xuño, e acordou enviar unha representación á xuntanza de asembleas do Novo Proxecto Común que terá lugar o vindeiro sábado en Teo.
A coordinadora mantense aberta ao acceso de máis integrantes, especialmente no caso dos concellos que aínda non contan con representación na mesma, polo que anima a participar a todas as persoas da Mariña que avogan por un novo xeito de facer política en Galicia.
















A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, realizou a semana pasada unha viaxe a Almuñécar en Granada, onde puideron visitar a Alhambra, as Alpujarras e a Costa Tropical. Ademais, xa teñen preparada a viaxe gastronómica o Santoinho en Viana do Castelo a fin de semana do 8 e 9 de xuño a un prezo de 100 euros con todo incluído: mercado, bacallau, entrada ó Santoinho, pensión completa e mariscada nas Rias Baixas. Tamén está programada unha viaxe dunha semana ás Rías Baixas para desfrutar desta comarca galega, visitando todos os seus pobos e cidades por 220 euros. Poden anotarse en 
O Concello de Xove entregou os premios do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. O concurso foi convocado pola Biblioteca Municipal e constou de dous apartados, un literario e outro de artes plásticas. A entrega dos diplomas e premios foi presidida pola concelleira de Cultura, Dolores Meitín, acompañada de varios membros do xurado. A relación de premiados é a seguinte: