Na iniciativa popular se solicita o reforzo xurídico da súa protección incluíndoo no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural e físico para evitar que se agrave o deterioro das estruturas que o conforman
O PARLAMENTO APROBA, COS VOTOS DO PPDEG, MEDIDAS PARA A PROTECCIÓN, ESTUDO E SINALIZACIÓN DO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO O CARREIRO-MARZÁN EN FOZ
A deputada popular Emma Álvarez Chao lamentou que a iniciativa sobre este xacemento, descuberto hai uns meses pola asociación Mariña Patrimonio, non contara coa unanimidade dos partidos da Cámara para a súa aprobación
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2012.- O Parlamento aprobou, na sesión da Comisión de Educación e Cultura celebrada hoxe, e tan só cos votos do PPdeG, unha iniciativa dos deputados mariñáns populares encamiñada á protección, estudo e sinalización do xacemento arqueolóxico O Carreiro-Marzán, sito a 300 metros do casco urbano de Foz, entre as praias de Llas e A Rapadoira.
Na iniciativa popular solicítase estudar a inclusión do mesmo no Inventario do Patrimonio Cultural o que implicaría a mellora da protección xurídica deste ben inmaterial “de interese relevante para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo e que é necesario conservar” segundo a deputada popular Emma Álvarez Chao.
Así mesmo o PPdeG pide na Proposición non de Lei realizar os estudos e documentación pertinentes que permitan avaliar, en coordinación cos organismos competentes, as súas eventuais necesidades de protección e sobre os que proceder, posteriormente, á súa sinalización para que a súa existencia sexa coñecida polos visitantes da zona.
ACHADO TRAS UN FORTE TEMPORAL
Segundo a deputada popular o achado deste xacemento arqueolóxico tivo lugar tras o derrubo da liña de costa producido por mor dun forte temporal con mar de fondo sufrido en datas pasadas nesta zona do litoral, que fixo que quedaran ao descuberto neste terreo (fortemente azoutado pola climatoloxía e a erosión mariña) diferentes restos de estruturas e muros, algúns dos cales se asentan sobre un pavimento arxiloso. Inmediatamente despois técnicos da Consellería de Cultura inspeccionaron esta zona indentificando a existencia dun asentamento costeiro ao aire libre, que podería adscribirse provisionalmente a un contexto galaico-romano.
MAIOR PROTECCIÓN XURÍDICA
Emma Álvarez lembrou que case de xeito inmediato, dende a Xunta de Galicia, procedeuse á inclusión dos datos deste xacemento no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Pero aínda a pesar disto, e dadas as especiais características do xacemento que nos ocupa, os populares consideran que as actuacións viables, razoables tecnicamente e sostibles deben ir, por instar á mellora da protección xurídica deste xacemento, solicitando a inclusión do ben no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.
O estudo da inclusión deste xacemento no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia (IXPCG) constitúe unha medida acaída para reforzar a protección xurídica actual do xacemento, segundo explicou Emma Álvarez. Deste xeito, estarían cauteladas todas as intervencións e obras que puidesen afectalo, o que viría a ampliar ou complementar o réxime de protección derivado da normativa sectorial de protección do litoral que poida afectalo eventualmente.
AMPLIAR A INVESTIGACIÓN
A iniciativa defendida por Emma Álvarez tamén insta á realización dunha investigación que permita avaliar a importancia real do xacemento e completar, canto menos con máis detalle, a súa investigación, documentación e a determinación dos seus límites. En definitiva, saber en maior detalle se en verdade é un castro como afirma algunha asociación ou que tipo de xacemento estamos a decrubir nesta zona da Mariña de Lugo, segundo a deputada popular.
En resume, Emma Álvarez busca a través desta iniciativa garantir que non se agrave o deterioro do xacemento e que se compatibilicen do mellor xeito posible a realización destes estudos con outros investimentos públicos e servizos como o acceso á costa, a existencia do paseo marítimo ou outros usos lexítimos do litoral.
PUNTO DE ATRACCIÓN TURÍSTICA
Por último, a iniciativa popular, sinala que unha vez realizados estes estudos e determinadas por tanto dun xeito máis completo as características do xacemento, se proceda a efectuar a súa sinalización, co obxectivo de que a existencia do xacemento non pase desapercibida por parte dos veciños do Concello e da Mariña Lucense así como polos moitos visitantes á zona, xa que o Concello de Foz, primordialmente nos meses de verán convertese nun punto de afluencia de turistas



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



