665.000 euros é o presuposto que a Secretaría Xeral da Igualdade destina ao EMEGA
Barreiro e López Abella apostan polo emprendemento femenino
. As interesadas dispoñen dun mes de prazo para presentar as súas solicitudes a esta convocatoria de axudas, cuxa contía oscila en función dos postos de traballo creados e a natureza das medidas adoptadas, ata sumar un tope de 30.000 euros por empresa beneficiaria
. Ámbolos dous mandatarios, resaltaron a importancia de desenvolver políticas públicas que creen as condicións axeitadas e favorezan as iniciativas empresariais lideradas por mulleres
Lugo, 25 de marzo de 2012.- O Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro e a Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentaron esta tarde en Lugo o orzamento destinado ao programa EMEGA para o 2012. Trátase dunha partida orzamentaria de 665.000 euros, que establece axudas estruturadas en catro tipoloxías: emprende, innova, activa e concilia. Esta última liña é a que supón a principal novidade na convocatoria deste ano e está dirixida ás empresas nas que mediante acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización que conleven flexibilidade no uso dos tempos e ás empresas perceptoras das liñas emprende, innova ou activa nas que haxa promotoras con fillos ou fillas menores de tres anos, ao obxecto de favorecer o exercicio profesional coa maternidade en idades temperás.
Barreiro e López Abella resaltaron a importancia do EMEGA, por ser un programa de estímulo ás mulleres emprendedoras, que apoia mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se establezan como empresarias e consigan así, a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo.
“Nesta época de crise, queremos adecuar e mellorar o Plan Emega á realidade económica actual na que nos atopamos, axudar a que se creen e se manteñan empresas e o emprego feminino, polo que a cantidade destinada para este programa é de 665.000 euros, ampliando así os tipos de liñas de axuda para tentar achegar a un maior número de mulleres e empresas. ”- afirmaron.
As persoas interesadas dispoñen dun mes de prazo para presentar as súas solicitudes a esta convocatoria de axudas, cuxa contía oscila en función dos postos de traballo creados e a natureza das medidas adoptadas, ata sumar un tope de 30.000 euros por empresa beneficiaria.
Na convocatoria de 2011, o programa Emega fixo posible a posta en marcha de 82 novos proxectos empresariais liderados por mulleres, o que supuxo a creación de 100 postos de traballo (o 73% de contratos indefinidos). Un dato significativo é que as empresas creadas por mulleres perduran un 30 % máis que as creadas por homes e sobreviven mellor á crise.
O líder dos populares lucenses e a Secretaria Xeral de Igualdade manifestaron que Galicia atópase entre as cinco comunidades autónomas españolas con máis empresariado femenino ao mesmo tempo que manteñen de forma máis constante a actividade emprendedora na actual conxuntura de crise e lideran a creación de negocios de xeito que, no conxunto do país, mentres que os homes cotizantes ao Réxime de Traballadores Autónomos (RETA) descenderon nos últimos 5 anos en casi un 2,1%, as mulleres autónomas incrementáronse nun 7%.
Barreiro e López Abella resaltaron a importancia desenvolver políticas públicas que creen as condicións axeitadas e favorezan as iniciativas empresariais lideradas por mulleres.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.