ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DA V VOLTA ÁS COMARCAS DE LUGO
Esta proba ciclista disputarase en tres etapas os días 1, 2 e 3 de xuño, e nela participarán 16 equipos de ámbito nacional, estatal e internacional
O vicepresidente da Deputación indicou que “seguimos traballando para descentralizar a práctica e a organización de determinados eventos deportivos, un feito que suporá un forte impulso socioeconómico para as zonas nas se poñan en marcha este tipo de iniciativas”
A Pobra do Brollón, 24 de maio de 2012. O vicepresidente da Deputación e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou esta mañá na área recreativa de Pobra do Brollón, a V Volta ás comarcas de Lugo, proba ciclista organizada pola Área de Deporte e polo Club ciclista Cidade de Lugo. No acto de presentación tamén estiveron Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón; Juan Paz, vicepresidente do club ciclista Cidade de Lugo; e Santiago Seijas, director técnico desta cita deportiva.
A V Volta ás Comarcas, na que participan 16 equipos de ámbito nacional, estatal e internacional, desenvolverase os días 1, 2 e 3 de xuño en tres etapas distintas. A primeira etapa terá lugar na zona centro da provincia, e subdivídese en dous sectores: un primeiro con saída e chegada no Corgo, e un segundo con saída e chegada en Lugo, pasando polos concellos de Abadín, Cospeito, Rábade, Castro e Outeiro de Rei; a segunda etapa será na zona Sur, con saída e chegada na Pobra do Brollón, pasando polos concellos de Bóveda, Escairón, Chantada, Monforte de Lemos, Monterroso e Taboada; e a terceira terá lugar na Mariña, con saída e chegada en Viveiro, pasando polos concellos de Alfoz, Cervo, O Valadouro, Ourol, Viveiro e Xove
Antonio Veiga auguroulle un prometedor futuro a este campionato logo do “gran éxito acadado en pasadas edicións e que, de seguro, se repetirá este ano”. Nesta liña, o vicepresidente da Deputación de Lugo lembrou que un dos obxectivos da Área de Deportes desta entidade é o de “fomentar a práctica do deporte, sexa cal sexa a súa disciplina, en todas e cada unha das comarcas lucenses”. Así, o nacionalista resaltou que “seguimos traballando para descentralizar a práctica e a organización de determinados eventos deportivos, un feito que suporá un forte impulso socioeconómico para as zonas nas se poñan en marcha este tipo de iniciativas”.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.