Unhas 70 persoas sisitiron a unha homenaxe a Isabel Molares Alonso, ex maestra de Trasbar en Cervo
01-05-12O domingo 29.04.2012 tivo lugar unha homenaxe a dona Isabel Molares Alonso, mestra en Trasbar durante 15 anos (1960 – 1975).
O acto, organizado pola Asociación de veciños do burgo de Trasbar, celebrouse no Local Social de Trasbar. Asistiron preto de 70 persoas e foi un acto cargado da emoción lóxica dun reencontro mestra – alumnos.
Estamos moi contentos por ter logrado organizar este encontro e agardamos que fose unha tarde inesquecible tanto para Dª Isabel coma para os seus alumnos.
Nas imaxes, unha con todos os asistentes (falta os membros da organización) e outras con todos os antigos alumnos que se achegaron a Trasbar para render homenaxe a unha mestra que formou parte da súas vidas e que foi coma un membro da familia.
Remitido

















Máis de cen persoas acudiron ao acto de presentación da exposición "Os ollos dasp alabras" co que a Librería Bahía celebrou o seu 50 aniversario. A poesía de Baldo Ramos, a música de Mano Panforreteiro e as esculturas de Caxigueiro encheron a noite de arte e de palabra. A exposición permanecerá aberta no CENIMA de Foz ata o 7 de xuño.
A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos, organiza para o vindeiro sábado 25 de maio a Festa das Letras, tal como se vén facendo nesta parroquia barreirense na última década. Os actos terán lugar nas escolas a partir das 7 da tarde, que será cando se realicen as actividades dirixidas ao público infantil, consistentes en xogos populares e de animación así como outras actividades relacionadas coa cultura e coa lingua galegas. Todos os participantes recibirán os correspondentes agasallos. Ás nove e media da noite terá lugar a representación de “Véndese unha mula e A Pousada”, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte.