Noite apoteósica
14-07-12NOITE APOTEOSICA
Así foi a do pasado venres en Foz onde a música foi protagonista de horas que deixaron nos espectadores un contento acaso poucas veces vivido en eventos semellantes.. As cantigas galegas, foron ledicia dos presentes no Campo da Cabana, lugar axeitado para actos semellantes, que ofrece o risco da intemperie; que en Foz non pode obviarse por falta da elemental infraestructura.Nese senso acaso sexa o concello da Mariña que presenta maior deficiencia, o que impide acometer iniciativas de certa magnitude. Unha mágoa para a veciñanza e para a imaxe dunha vila que proclama a condición de “turística”…Neste caso non houbo loita cos elementos, pois a choiva non fixo acto de presencia dende moito antes de iniciarse o festival, coa sorpresa de quen chegaron a él, tras unha viaxe con auga; e aquí unha noite calma, agradable, ata a unha da madrugada que rematou, con ambiente fresco, e a contrariedade do público que desexaba seguir desfrutando de tan notables artistas, o que evidencia o éxito do festival que abriu a focega Ugía Pedreira, co poderío da súa voz e a singular interpretación, e ó piano noso veciño laurentino Lino, profesor no Conservatorio de Viveiro, do que actuou o Grupo de Improvisación; Miro Casabella, historico de Voces Ceibes; o cantautor Arcadio; o grupo Canore Sons da veciña Burela, pechando Escolma de Meus, formada por músicos de extenso percorrido que amais da contrastada calidade musical puxeron sobre o escenario a simpatía e o humor que é gala do seu pobo viveirés. Iste amplo elenco mariñán, viuse reforzado coa presencia de dous persoeiros moi vencelladas á bisbarra: Sito Sedes, ex-cantante dos Satélites ou Os Tamara, de recoñecida elegancia e personalidade e Paco Lodeiro, popular da TV, polifacético do espectáculo, que deo o seu outo nivel de cantante co impresionante poema de Curros Enriquez, musicado, “Nouturnio”, tamén coñecido por “O vello e o sapo”. Tódolos participantes foron agasallados cos entusiastas aplausos da numerosa concurrencia que nós facemos extensivo ás persoas que fixeron posible o espectáculo, de xeito especial a Arcadio Mon, alma e corpo do mesmo.
Suso Fernández
















Máis de cen persoas acudiron ao acto de presentación da exposición "Os ollos dasp alabras" co que a Librería Bahía celebrou o seu 50 aniversario. A poesía de Baldo Ramos, a música de Mano Panforreteiro e as esculturas de Caxigueiro encheron a noite de arte e de palabra. A exposición permanecerá aberta no CENIMA de Foz ata o 7 de xuño.
A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos, organiza para o vindeiro sábado 25 de maio a Festa das Letras, tal como se vén facendo nesta parroquia barreirense na última década. Os actos terán lugar nas escolas a partir das 7 da tarde, que será cando se realicen as actividades dirixidas ao público infantil, consistentes en xogos populares e de animación así como outras actividades relacionadas coa cultura e coa lingua galegas. Todos os participantes recibirán os correspondentes agasallos. Ás nove e media da noite terá lugar a representación de “Véndese unha mula e A Pousada”, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte.