O RCN de Ribadeo participa no campionato de España de pesca en embarcación fondeada
14-07-12
O Real Club Nautico d Ribadeo participa no campionato de España de pesca en embarcación fondeada
no que participan dúas mulleres do RCNR. Tamén participa nesta proba o responsable da sección de pesca do RCNR, Ramon Perez. As ribadenses participan con outras dúas compañeiras de Cantabria e Asturias. E a primeira vez que un equipo feminino acude a esta cita. Este ano celebrase en Xixon.
















Máis de cen persoas acudiron ao acto de presentación da exposición "Os ollos dasp alabras" co que a Librería Bahía celebrou o seu 50 aniversario. A poesía de Baldo Ramos, a música de Mano Panforreteiro e as esculturas de Caxigueiro encheron a noite de arte e de palabra. A exposición permanecerá aberta no CENIMA de Foz ata o 7 de xuño.
A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos, organiza para o vindeiro sábado 25 de maio a Festa das Letras, tal como se vén facendo nesta parroquia barreirense na última década. Os actos terán lugar nas escolas a partir das 7 da tarde, que será cando se realicen as actividades dirixidas ao público infantil, consistentes en xogos populares e de animación así como outras actividades relacionadas coa cultura e coa lingua galegas. Todos os participantes recibirán os correspondentes agasallos. Ás nove e media da noite terá lugar a representación de “Véndese unha mula e A Pousada”, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte.