Remata o campamento de verán de Xove no que participaron 27 rapaces e rapazas
03-08-12CAMPAMENTO DE VERÁN EN XOVE
Hoxe remata o campamento de verán que durante os dias 2 e 3 deste mes se está desenvolvendo na Parroquia de Lago. Destinado a rapaces de 10 a 16 anos, conta con 27 participantes, unha cifra importante que supera con creces a participación do pasado ano.
A acampada realízase no entorno do Centro Social de Lago, no espazo que o Concello habilitou hai uns anos como Campo da Festa. Entre as actividades que realizan durante esta acampada, temos entre outras, tiro con arco ou piragüismo, esta última realizada na Praia de Lago.
Con esta actividade, dende a Concellería de Xuventude preténdese realizar unhas vacacións participativas, ondeo lúdico e o educativo van xuntos, dahí as numerosas actividades programadas. Tamén se pretende con este campamento un achegamento dos rapaces á natureza.
















Máis de cen persoas acudiron ao acto de presentación da exposición "Os ollos dasp alabras" co que a Librería Bahía celebrou o seu 50 aniversario. A poesía de Baldo Ramos, a música de Mano Panforreteiro e as esculturas de Caxigueiro encheron a noite de arte e de palabra. A exposición permanecerá aberta no CENIMA de Foz ata o 7 de xuño.
A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos, organiza para o vindeiro sábado 25 de maio a Festa das Letras, tal como se vén facendo nesta parroquia barreirense na última década. Os actos terán lugar nas escolas a partir das 7 da tarde, que será cando se realicen as actividades dirixidas ao público infantil, consistentes en xogos populares e de animación así como outras actividades relacionadas coa cultura e coa lingua galegas. Todos os participantes recibirán os correspondentes agasallos. Ás nove e media da noite terá lugar a representación de “Véndese unha mula e A Pousada”, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte.