Burela celebra a IV edición do Aberto do Bonito de billarda organizado polo colectivo Buril
19-09-12
O próximo sábado 22 de setembro terá lugar en Burela a agardada IV edición do Aberto do Bonito, organizado polo Colectivo Cultural Buril, e no que se loitará polo prezado bonito do norte, peixe co que serán agasallados os gañadores e gañadoras.
O Aberto de Billarda disputarase a partir das 16h30 na pista deportiva nº 2 do Colexio Vista Alegre e nel participarán varios equipos da comarca no que é a primeira proba puntuábel da tempada 2012-2013 da Conferencia Norleste, organizado pola Liga Nacional de Billarda.
Todas as persoas que queiran están convidadas a participar no Aberto de Billarda, para calquera información poden contactar co Buril no enderezo electrónico ccburil@gmail.com ou no teléfono 616473366. Para participar só é preciso estar media hora antes do inicio do Aberto.
















A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, realizou a semana pasada unha viaxe a Almuñécar en Granada, onde puideron visitar a Alhambra, as Alpujarras e a Costa Tropical. Ademais, xa teñen preparada a viaxe gastronómica o Santoinho en Viana do Castelo a fin de semana do 8 e 9 de xuño a un prezo de 100 euros con todo incluído: mercado, bacallau, entrada ó Santoinho, pensión completa e mariscada nas Rias Baixas. Tamén está programada unha viaxe dunha semana ás Rías Baixas para desfrutar desta comarca galega, visitando todos os seus pobos e cidades por 220 euros. Poden anotarse en 
O Concello de Xove entregou os premios do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. O concurso foi convocado pola Biblioteca Municipal e constou de dous apartados, un literario e outro de artes plásticas. A entrega dos diplomas e premios foi presidida pola concelleira de Cultura, Dolores Meitín, acompañada de varios membros do xurado. A relación de premiados é a seguinte: