O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, entregou este mércores en Ribadeo os títulos acreditativos das marcas Lugo Sabe e Lug02 a 70 pequenas e medianas empresas da Mariña que, tras superar unha rigorosa auditoría, obtiveron de maneira totalmente gratuíta estes distintivos de calidade outorgados polo organismo provincial co obxectivo de mellorar a competitividade e o posicionamento no mercado das PEMES lucenses, contribuíndo deste xeito a xerar emprego e riqueza na provincia. Dos 70 negocios, 58 son establecementos turísticos e 12 alimenticios.
Con estas 70 novas incorporacións, son 83 as firmas da comarca mariñana que contan xa con estes recoñecementos, “cos que buscamos poñer en valor ós nosos servizos turísticos e produtos alimenticios, e convertelos nun referente en España que se traduza en beneficios económicos”, subliñou Llano, quen enmarcou este proxecto na aposta da Deputación polo medio ambiente como oportunidade de futuro para a provincia e polo impulso ás pequenas empresas e autónomos, “a verdadeira columna vertebral da economía lucense”. A iniciativa está financiada ó 80% por fondos europeos a través do programa Lug02.
Para conceder as marcas Lugo Sabe e Lug02, a institución luguesa desenvolve un rigoroso procedemento que garante o cumprimento dos requisitos esixidos, e que inclúe comprobacións de documentación e in situ. As auditorías están avaladas por AENOR, a entidade líder a nivel internacional en certificación de sistemas de xestión, produtos e servizos.
Nunha primeira fase deste proxecto, desenvolvida entre os anos 2010 e 2011, obtiveron a certificación 57 firmas alimentarias e turísticas de toda a provincia. Coa segunda fase, que se está a desenvolver dende finais de 2012 grazas á renovación do programa Lug02 por parte da UE, poderán recibilo selo 325 novas empresas lucenses, das cales 70 son da Mariña, as que hoxe recibiron o título acreditativo. As auditorías para conceder as marcas a empresas das restantes comarcas da provincia estanse a desenvolver na actualidade.
Os requisitos de calidade
As marcas Lugo Sabe e Lug02 garanten servizos e produtos de auténtica calidade, ó tempo que fomentan as boas prácticas medioambientais. LugoSabe ofrece produtos autóctonos sometidos a rigorosas prácticas hixiénicas e de control en toda a cadea de fabricación: produción, envasado, embalaxe, almacenamento e distribución.
Pola súa banda, a marca Lug02 está dirixida a establecementos turísticos como hoteis, balnearios, campamentos, casas rurais, pazos, restaurantes ou comercios. Este distintivo, ademais de rexerse polas Normas de Calidade Turística –ICTE- que avalan servizos óptimos, como accesos para persoas con discapacidade, material informativo en todos os idiomas, infraestruturas de calidade ou atención de persoal cualificado, está ligado á implantación das novas tecnoloxías, á conservación do medio ambiente e ó impulso dos produtos alimenticios da provincia.
As empresas Lug02 deben garantir a conexión a Internet, favorecer o emprego de fontes de enerxía renovables, reducir a xeración de residuos, o consumo da luz, auga e incluír medidas encamiñadas á educación ambiental e á sensibilización co entorno natural. Este distintivo obriga a ser punto de comercialización de produtos Lugo Sabe, de alimentos coa Denominación de Orixe, coa Indicación Xeográfica Protexida ou rexistrados no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Deste xeito, no caso dun restaurante ou dun hotel, deberase incluír no menú o consumo destes produtos e mesmo ter lugares de venda.
Máis vendas, e máis vantaxes
As entidades luguesas coas marcas da Deputación teñen garantido novas vendas e, polo tanto, máis beneficios xa que, dentro deste proxecto, o organismo provincial creará novas rutas turísticas ambientais e gastronómicas que inclúan os negocios Lugo Sabe e Lug02, ademais de impulsar as existentes. A Deputación levará estes negocios a recoñecidas feiras e eventos; realizará campañas divulgativas; e incrementará os puntos de promoción e venda por toda a comunidade autónoma.
Así mesmo, as empresas que locen estas marcas poden incrementar a súa proxección comercial entrando na plataforma de comercio electrónico da Deputación www.losproductosdelugo.com onde contan cun apartado específico. Na actualidade, están adheridas ó portal preto de 40 empresas da Mariña, das cales o 80% teñen as marcas Lugo Sabe e Lug02.
As 83 empresas
As empresas agroalimentarias da Mariña que acadaron a marca Lugo Sabe son, por Concellos:
– Ribadeo (5): As Fadegas e José César Páez Santamarina, que adquiriron a marca na primeira fase deste proxecto; e Alve Devesa S.C.; Cetárea Marinero e Xema Navia, de nova incorporación.
– Burela (4): Pescados Pepa; Cetárea Burela; La casa del Percebe e Descaexport S.L.
– Lourenzá (4): Fabas O Pontigo; Fabas Maruxa; Fabas Xoias do Val e Fabas Francisca.
– O Valadouro (4): O Trobo Mel do Valadouro; Confitería Méndez; Embutidos Hermelino; e Mar Maseda Agricultura Ecolóxica, que adquiriron a marca na primeira fase deste proxecto.
– Mondoñedo(2): Confitería La Alianza e Panadería Rubal, que acadaron o distintivo na primeira fase do proxecto.
– Viveiro: Cerzar
– Riotorto: Labregos de Lugo SAT, que obtivo a marca na primeira fase do proxecto.
Coa marca Lug02 contan os seguintes establecementos hostaleiros:
– Ribadeo (18): Restaurante Marinero, que obtivo a marca na primeira fase do plan; e Voar; Porto de Rinlo; As Cetáreas; O Lar da Carmiña; A Dorada do Cantábrico; San Miguel; La Cofradía; A Mirandilla; Casa Pepe; Oviedo 2; Parador de Turismo; La Quinta de Ribadeo; O Lar de Manolo; Hotel Casona de Lazúrtegui; La Solana; Hotel Rolle e casa rural Os Muíños, de nova incorporación.
– Viveiro (12): Casa da Torre; Boavista; Casa do Batán; A Taberna do Tronco; O Muro; Resort Las Sirenas; Louzao; Val do Naseiro; Mesón do Pumariño; Hotel Orfeo; Asador Carlos V e restaurante Panorámico.
– Foz (11): Casa da Roxa; Finca Goleta; El Rincón de Anita; Pizzería Xoíña; A Casa de Piego; Islanova; Casa Lugar do Sixto; Spa Conors; La Quinta de Foz; Restaurante San Martiño, e pizzería e restaurante Xoíña.
– Barreiros (8): Os Tres Eixos; Casa do Merlo; cámping A Gaivota; Casa Elena; O Asador; El Último Cuplé; A Nosa Casa e O Asador del Alba.
– Cervo (4): Anatur; Casa do Mudo; Restaurante O Castelo e O Almacén.
– O Vicedo (2): Casa Almoina e Restaurante Area Grande.
– Burela (2): Palacio de Cristal e Parrillada Don Chuletón.
– Mondoñedo: O Rincón, que acadou o recoñecemento na primeira fase do programa.
– Riotorto: Mesón O Mazo, que obtivo a marca na primeira fase do plan.
– A Pontenova: Mesón Sarredo, que conseguiu o distintivo na anterior fase.
– Lourenzá: O Cabazo.
– Xove: Casa de Teixide.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



