Na xornada deste domingo día 21 de abril terá lugar en Riotorto a sétima edición da Feira de Artesanía do Ferro, un punto de encontro de artesáns de Galicia e occidente asturianos así coma un espazo divulgativo para os ferreiros que coas súas demostracións en vivo amosarán aos visitantes a forma de traballo deste oficio na zona. Ao longo da xornada, a artesanía do ferro será a protagonista desta cita, iniciativa do Concello de Riotorto e a Asociación de Ferreiros da localidade.
Dende as 11 de la mañá a feira permanecerá aberta para que todo-los visitantes poidan desfrutar das demostracións en vivo, tanto de artesanía do ferro coma de torneado de madeira. Ademais, haberá obradoiros de alfarería y ferro, para que todos poidan desfrutar do marabilloso mundo da artesanía, dende os cativos ata os maiores. Cerca de 120 artesáns e expositores ofrecerán os seus produtos a todos aqueles que se acheguen a Riotorto para desfrutar dunha xornada onde a tradición e o lecer se entremezclan ofrecendo unha oferta de actividades moi ampla e variada.
Ademais, haberá animación musical durante toda a xornada e degustacións de polbo, con posibilidade de comer na feira.
O peche desta VII edición da Feira estará ao cargo da Banda de Música de Sober, o son da Ribeira Sacra.
Programa
DOMINGO 21 DE ABRIL
11,00 h. APERTURA DA FEIRA
Artesanía dos Ferreiros de Riotorto, Obradoiro do Ferro Infantil, Alfarería, Carbón Vexetal, Demostración de torneado de madeira, Artesáns, Demostración en vivo da artesanía do Ferro.
11,15 h. Demostración de Torneado de madeira a cargo de Julio Iglesias (Ortigueira)
Obradoiro de Alfarería a cargo de Os de Laura (Buño)
Obradoiro de Carbón vexetal (ata as 17,00 horas)
12,00 h. Inauguración Oficial da VII Feira da Artesanía do Ferro e Pregón
Actuación musical dos Gaiteiros de Riotorto e do Coro Parroquial
12,30 h. Demostración en Vivo da Artesanía do Ferro: Ferreiros de Riotorto, Ferreiros Da Fonsagrada, Friedrich Brasmsteidl (Santa Eulalia de Oscos) e Alberto Leis ( Santiago de Compostela).
Animación de Rúa a cargo da compañía OS QUINQUILLÁNS co espectáculo OS FEIRANTES
13,00 h. Obradoiro de Ferro Infantil, a cargo do Ferreiro austriaco Friedrich Brasmsteidl
13,30 h. Animación de Rúa a cargo de VOLTA E DALLE co espectáculo O AFIADOR
17,00 h. Demostración de Torneado de madeira a cargo de Julio Iglesias (Ortigueira)
Obradoiro de Alfarería a cargo de Os de Laura (Buño)
Demostración en Vivo da Artesanía do Ferro: Ferreiros de Riotorto, Ferreiros Da Fonsagrada, Friedrich Brasmsteidl (Santa Eulalia de Oscos) e Alberto Leis ( Santiago de Compostela
Obradoiro de Ferro Infantil, a cargo do Ferreiro austriaco Friedrich Bramsteidl
Animación de Rúa a cargo da compañía OS QUINQUILLÁNS co espectáculo OS FEIRANTES
18,00 h. Animación de Rúa a cargo de VOLTA E DALLE co espectáculo O AFIADOR
20,00 h. Actuación da BANDA de MUSICA DE SOBER, na praza do Concello
Animación musical durante toda a xornada
Degustación de Polbo e Comida