O Grupo de Sendeirismo da ACD XOVE desprazarase este domingo 21 a zona de Ferrolterra, para facer a Ruta: Senda da Costa Ártabra, con saída na Praia de Santa Comba en Ferrol e chegada a o Monte Campelo en Valdoviño. A continuación visitarán o Faro de A Frouxeira, para acabar facendo outra pequena ruta, a da Lagoa da Frouxeira que acaba na Praia de Valdoviño. En total cerca de 18 quilómetros de rutas son os que farán os 72 sendeiristas que se desprazarán a esta impresionante zona costeira como é a Costa Ártabra. A anterior ruta realizárona polo Barqueiro e na fotografía aparece o grupo na Ponte de Ferro.
ACD Xove viaxará á Costa Ártabra despois de visitar o Barqueiro
ACD Xove viaxará á Costa Ártabra despois de visitar o Barqueiro
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder