O grupo lucense Alupa Jazz é o encargado esta semana de cubrir o apartado de música en directo da Sala Castelao de Lugo. Ofrecerán este venres, a partir da medianoite, un concerto no que a entrada, con consumición incluída, terá un prezo de 5 euros. Alupa Jazz ofrece música de bossa nova, jazz e blues feita en Lugo. O grupo está formado por Kiko, ó saxo alto; Xurxo, ó baixo, e Jose, na batería. Todos eles acompañados da voz de Raquel.
Alupa Jazz actúa na Sala Castelao
Alupa Jazz actúa na Sala Castelao
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”