De volta de novo do campamento, o grupo educativo Chao de Castro-Altair seguimos coas actividades semanais con vistas tamén a preparar o campamento do verán que contará con máis días. O sitio aínda está por determinar, pero o que temos claro é que de novo será espectacular e que estará rodeado da natureza. Todos quedaron cun moi bo sabor de boca sobre o grupo da xente e paisaxes de San Xián de Cabarcos (Barreiros) e, en especial, dun gandeiro chamado Jose que moi amablemente nos explicou en que consiste o seu traballo na granxa de vacas leiteiras.
Chao de Castro-Altair: Semana Santa no rural
Chao de Castro-Altair: Semana Santa no rural
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”