O próximo sábado día 27 de abril, dentro da programación de “Obradoiros con Alma” da Mariña de Lugo, haberá un taller de elaboración e cocción de pezas de Raku, en Regal Cerámicas, ao mesmo tempo que se poden visitar as instalacións de RegalXunqueira: museo da cerámica e museo da pel, souto das esculturas e visita á exposición “dende mañá”. Cada participante levará para a súa casa a peza que coza e elaborará unha peza que se cocerá no próximo curso, o sábado 4 de xuño. Igualmente este venres 26 de abril, iniciarase o novo curso de gravado, curso que igual que o ano pasado será impartido polo artista alemán Axel Okelmann, durante os vindeiros venres, de toda a primavera. Ambos os dous cursos serán gratuítos e calquera persoa que estea interesada pode inscribirse, a través do correo electrónico: ceramica@oteroregal.com, ou ben chamando ó 982 56 25 89.
Cursos de Raku e gravado en RegalXunqueira
Cursos de Raku e gravado en RegalXunqueira
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”