A escola mariñá Porta Norte foi a gran triunfadora do IV Torneo Concello de Burela de Ximnasia Rítmica do domingo pasado. O club anfitrión colocouse no podio en oito das 10 categorías.
Na modalidade de Promoción, conseguiu o Ouro en Benxamín, a Prata en Infantil e o Bronce en Sénior; en cadete non houbo representación de Porta Norte. En nivel Escolar, o club da Mariña proclamouse subcampioa en Benxamín, Alevín e Infantil e campioa en Cadete e Sénior.
Máis de 400 ximnastas, procedentes de 12 colectivos de toda Galicia, participaron durante toda a xornada na exhibición do pavillón Vista Alegre, que contou coa colaboración da Fundación Imdecum.
NIVEL PROMOCIÓN:
– Benxamín: 1° EX Porta Norte, 2° Clube Saraiba.
– Infantil: 1° Clube Esquio B, 2° EX Porta Norte, 3° Clube Esquio A.
– Cadete: 1° Clube Quicela, 2° Clube Xirandela, 3° Clube Saraiba
– Sénior: 1° E. M. Xove, 2° Clube Violeta, 3° EX Porta Norte.
NIVEL ESCOLAR:
– Prebenxamín: 1° Clube Esquío B, 2° Clube Esquío C, 3° AD AIXA.
– Benxamín: 1° Clube Quicela, 2° EX Porta Norte B, 3° Clube Saraiba.
– Alevín: 1° Clube Esquío, 2° EX Porta Norte A, 3° EM Outeiro de Rei-Rabade.
– Infantil: 1° Clube Violeta, 2° EX Porta Norte A, 3° EM Xove.
– Cadete: 1° EX Porta Norte, 2° Clube Violeta, 3° Clube Quicela.
– Sénior: 1° EX Porta Norte, 2° Clube Quicela, 3° EM Fene.
Para máis información sobre o club: http://portanorte-ximnasiaritmica.es/