Os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña participaron no III Maratón de lectura que organiza o Colectivo Cultural Buril e que este ano estivo adicado a Rosalía de Castro. Varios usuarios e a presidenta, Iris Castro Meitín, leron pasaxes significativos da obra da autora. De seguido acudiron a Casa da Cultura onde está ubicada unha exposición sobre o cambio climático. Alí o persoal de Gaia dirixiu un percorrido a través de distintos paneis onde se trataron temas como as consecuencias do cambio climático, os impactos previsibles do cambio climático en Galicia, o que podemos facer para minimizar os efectos indesexables ou as emisións de CO2 que aforraríamos se utilizáramos máis a bicicleta como medio de transporte.
Tarde cultural da Asociación A Mariña
Tarde cultural da Asociación A Mariña
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”