Santiago, 20 de maio de 2013.- O voceiro do Mar dos populares galegos, José Manuel Balseiro Orol, deu conta hoxe da presentación dunha iniciativa rexistrada polo trámite de urxencia no Parlamento de Galicia coa que o Grupo Popular buscará acadar o apoio de todos os Eurodeputados españois para pedirlles que non voten favorablemente ao acordo da Unión Europea e Mauritania namentres non se inclúa no mesmo posibilidades de pesca efectivas para a flota cefalopodeira.
O parlamentario explicou que o Grupo Popular decidiu impulsar esta petición, que será obxecto de debate na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia prevista para o vindeiro mércores día 22, logo de reunirse cos representantes da flota que continúa amarrada en porto como consecuencia dos novos termos nos que se redactou este acordo e que, segundo os cálculos que lle trasladaron desde o sector afecta a 24 buques vinculados a Galicia.
REXEITAMENTO DAS CONDICIÓNS PACTADAS
Balseiro lembrou que tanto a Xunta de Galicia como tamén o Goberno central veñen expresando o seu rexeitamento ás actuais condicións pactadas no protocolo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, “desde o mesmo momento da súa sinatura en xuño de 2012”, entre outras razóns porque exclúe á flota cefalopodeira e “establece unha serie de restricións e condicións económicas e no desenvolvemento da actividade que a converten en inviable e non rendible”.
Balseiro tamén dixo que ambas administracións veñen traballando da man para modificar as consecuencias negativas desta “situación herdada” trala “desastrosa negociación” do anterior Executivo socialista que, “incomprensiblemente aceptou os termos máis férreos e duros deste acordo pesqueiro co país africano”. Agora os populares teñen postas as súas esperanzas nas dúas vías de traballo abertas por Xunta e Goberno central e tamén no bloqueo do acordo, que precisa ser ratificado polas institucións comunitarias.
De feito, a entrada en vigor formal deste novo acordo pesqueiro require do visto bo do Consello e do Parlamento Europeo, unha ratificación que ten previsto someterse á consideración da Cámara europea nas vindeiras semanas. “Vamos a pedir tamén aos gobernos autonómicos de Andalucía e Canarias, dúas comunidades con flota afectada polo acordo, que se sumen á estratexia impulsada desde Galicia e soliciten á UE a revisión do acordo, tal é como fixeron Xunta e Ministerio”, dixo Balseiro.
PASOS POSITIVOS
O deputado popular quixo manter unha postura optimista cara o futuro respecto da reconsideración dos termos máis negativos do acordo e lembrou que a presión da Xunta e do Goberno central xa ten acadado algúns avances.
Así, por exemplo, foi a petición do Goberno galego polo que se incluíu á flota cefalopodeira no anexo do propio acordo pesqueiro –aínda que con cota cero- o que permitiría outorgarlle posibilidades de pesca no futuro. E tamén, Xunta e Ministerio forzaron a reunión do Comité Científico previsto no propio acordo, ao obxecto de que se ratificasen os datos biolóxicos que acreditan o bo estado do recurso do polbo no caladoiro mauritano, un paso previo e indispensable para volver a permitir a actividade da flota.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



