Mondoñedo, 19 de xuño de 2013- O Partido Popular denuncia unha nova deixadez de funcións do bipartito local, dado que o Concello de Mondoñedo resultou sancionado pola Axencia Tributaria por non ingresar as retencións a conta do IRPF das nóminas dos traballadores municipais correspondentes ao exercicio 2010.
Así o recolle un escrito con data de entrada no Concello de Mondoñedo, de 25 de abril de 2013, e remitido pola Axenda Tributaria no que se considera probado que o Concello de Mondoñedo cometera a citada infracción tributaria, cuxa iniciación do procedemento sancionador lle fora notificada á administración local mediante escrito de data 28 de febreiro de 2013, presentando a Entidade alegacións con data 22 de marzo de 2013 nas que manifestaban: “que está de acordo coa proposta de imposición de sanción”.
Os populares aseguran que esta é unha mostra máis do “desgoberno e pouco control no día a día por parte do bipartito local”, que chega a derivar en irresponsabilidades cualificadas de “moi graves”, xa que segundo recolle a notificación “a débeda comprende a retencións ou ingresos a conta, representando as practicadas e non ingresadas un porcentaxe superior ao 50% da base da sanción”
De novo, o descontrol de Orlando González volve a repercutir “negativamente no peto de todos os mindonienses, que custearán as sancións impostas por non cumprir coa súa responsabilidade como alcalde”.
O PP de Mondoñedo pregúntase pola lexitimidade que ten agora o bipartito local de reclamar débedas aos veciños “cando eles son os primeiros que non cumpren as súas obrigas con Facenda”.
Neste caso a multa ten un importe de 1.111 euros, pero visto a pasividade do alcalde e a súa nula xestión, dende o PP non descartan a posibilidade que se poidan dar outras maiores.
Tráfico sanciona ao Concello de Mondoñedo
Este é un caso máis que demostra a caótica situación da facenda local que os populares veñen denunciando nos últimos anos, véndose obrigados, en varias ocasións e en recentes días, a alertar publicamente de sancións ou de incumprimentos de normativa urbanística.
Neste senso, dende o PP local lembran a sanción interposta pola Xefatura Provincial de Tráfico contra o mesmo Concello de Mondoñedo, con data 27 de febreiro de 2013, por circular cun vehículo cuxos pneumáticos non presentan debuxo nas ranuras principais da banda de rodamento.
Unha situación pola que os populares pedían explicacións, tendo en conta o pago dunha factura por unha contía de 4.700 euros de concepto de subministro de rodas datada de agosto do 2012, na que non se detallaba que rodas mercaran e os populares ignoraban o seu destino.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



