Os partidos que conforman Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) asinaron un Manifesto para o 25 de xullo de 2013, Día da Matria Galega, onde se defendo o dereito a decidir.
Os representantes de AGE leron o manifesto publicamente hoxe 24 de xullo, véspera do 25 de XULLO, diante do número 15 da Rúa do Vilar, en Compostela, onde o alcalde republicano e galeguista de Santiago Ánxel Casal tiña a sede da imprenta Nós.
Con esta iniciativa as forzas da esquerda da nación asumen o soberanismo cívico na clave de conxugar o substrato nacional e democrático como elementos centrais da construción dunha fronte ampla unitaria contra os poderosos e da alternativa de cambio que pule ‘polo exercicio do dereito de autodeterminación como fórmula democrática que permita enxergar outra política económica, social, ambiental e cultural a prol da maioría social galega’
Espazo Ecosocialista estivo representado no acto por un grupo amplo de activistas e membros da permanente encabezado polo seu coordinador nacional, Xoán Hermida.
Suspensión dos actos do Día da Patria
Espazo Ecosocialista solidarízase coas vítimas e familiares e achegados do accidente ferroviario de Compostela e suspende o acto de confraternización que tiña pensado realizar en Meimixe (Oroso) co gallo do Día Nacional de Galicia.