Barreiros, 22 de xullo de 2013. No prazo dun mes estarán rematadas as obras nos accesos aos colexios vellos de San Miguel, segundo o alcalde, Alfonso Fuente. O investimento ascende a preto de 80.000 euros.
O rexedor explicou que “era un acceso malísimo, unha estrada que estaba desfeita con motivo das obras que se realizaron alí ó lado naquel inmoble e, ó mesmo tempo que se está arranxando este edificio dos colexios vellos había que darlle un acceso digno”.
Fuente Parga dixo que “o que se fixo foi executar o aval ó promotor que construíu esta vivenda, executóuselle para urbanizar esa rúa. Entón, eses traballos son os que se están realizando e que ascenden a preto de 80.000 euros”.
Fuente Parga conta con que estas obras poidan estar rematadas no prazo de, máis ou menos, un mes.