Ribadeo, 30 de xullo de 2013. Satisfacción dos organizadores do II Festival Jazz and Blues que tivo lugar a pasada fin de semana en Ribadeo.
Para Fernando Martínez “foi un éxito, xa que houbo moito máis público que na primeira edición porque o cartel era mellor e tamén a época do ano elixida para a celebración dun evento deste tipo nesta zona”.
Dende a organización sinalan que “enchemos ambos días o auditorio municipal de Ribadeo. Houbo xente chegada de diferentes puntos da Mariña lucense e o Occidente asturiano, así coma moitos turistas que estaban de paso pola comarca”.
Fernando Martíñez asegura que “haberá terceira edición do Festival Jazz and Blues en Ribadeo, mantendo as mesmas datas: a última fin de semana de xullo”. E engade que “cando pase o verán poñerémonos a traballar xa”.
Por Ribadeo pasaron na segunda edición de dito festival Jorge Pardo Quartet, Blues and Decker, Vargas Blues Band y Saint Patrick F. Big Band, que fixeron disfrutar durante horas aos asistentes ao evento.