Un ano máis a Asociación do Burgo de Trasbar organizou a peregrinación ao Santiago de Sargadelos. Un grupo de 24 persoas sairon camiñando dende o local social de Trasbar ata Sargadelos, aquí colaboraron na elaboración dunha alfombra floral na cal plasmaron un lazo negro en recordo ás vítimas do accidente de tren de Santiago. Despois da misa, peregrinos e outros socios reuníronse para xantar e pasar a tarde todos xuntos. Ás 20 horas fíxose un minuto de silencio polos falecidos no tren en Santiago.
Peregrinación de Trasbar a Sargadelos
Peregrinación de Trasbar a Sargadelos
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder